Sobre a nosa identidade e o noso pasado: «Historia das historias de Galicia». Crítica de Ramón Nicolás
O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Historia das historias de Galicia, coordinado por Isidro Dubert.
Contra os clixés e os prexuízos na nosa Historia
Que un libro tecido cos fíos do noso pasado, que cuestiona e desmitifica algúns dos preconceptos que foron instalándose con convicción no discurso oficial da nosa Historia chegue a unha terceira reedición en poucos meses é unha proba inequívoca do seu interese e aceptación. O volume, coordinado por I. Dubert e no que colaboran salientables especialistas de diferentes materias, non agocha a suxestiva lectura do que puido e pode condicionar o noso presente e o noso futuro. Para sabermos máis sobre nós, sobre a nosa identidade e o noso pasado velaquí unha achega valiosa e determinante a non perder.
Comentarios pechados