Menu Xerais

Suso de Toro asinará hoxe na Libraría Nós de Sanxenxo

Hoxe, a partir das 20 horas Suso de Toro estará na Libraría Nós de Sanxenxo (Avenida de Madrid 20), onde asinará exemplares da súa novela máis recente Sete palabras (Premio da Crítica Galicia 2010) e do resto da súa obra.

Así mesmo, Suso de Toro presentará a edición en castelán de Sete palabras o venres, 20 de agosto, ás 21:00 horas nas instalacións das antigas escolas de Formariz, a localidade de Sayago, na provincia de Zamora onde naceu o seu pai. A presentación do libro está incluída dentro do programa de festas da localidade.

Comentarios pechados