Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_antesala_luminosa

Presentación en Ourense de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón

O xoves, 14 de maio, ás 20:00 horas, no Café El Cercano, rúa Cardenal Quevedo, 20 de Ourense, terá lugar a presentación da novela A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto participarán Alfredo Conde, Luis Carreira, Manuel Bragado e Antonio Tizón.

Negra e experimental: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Crítica de Mario Regueira

Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.   A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Antonio Tizón: «Pretendín desembarazarme das miñas vivencias máis patolóxicas, dos traumas máis propios da miña enfermidade»

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa.     «Pretendín desembarazarme dunha vez das miñas vivencias máis patolóxicas, dos traumas propios da miña enfermidade» Un retrato da loucura. Do transtorno bipolar como “antesala luminosa” que escurece todo os demais aspectos da vida. Tamén do amor e a morte.

Antonio Tizón: «Entendo que a literatura significa espirse por dentro»

A Cadea SER Galicia emitiu unha entrevista ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novela mulata: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Anotación en Brétemas

Novela mulata: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.   Novela mulata Na libraría Couceiro de Santiago presentamos A antesala luminosa, a novela coa que Antonio Tizón debuta na narrativa galega.

Antonio Tizón: «Intentei contar unha historia de amor, de tolemia e de morte en clave de xénero negro»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa.

Antonio Tizón: «Elixín a novela negra porque me permitía falar da loucura»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Montse García ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Antonio Tizón: «Espinme por completo nesta novela»

O xornal El Correo Gallego publicou unha entrevista de Fran P. Lorenzo ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón

O mércores, 25 de marzo, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a presentación da novela A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto participarán Ramón Rodríguez, Aser Álvarez, Lucía Pérez Ramírez, Manuel Bragado e Antonio Tizón.

Proposta atractiva e diferente: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novela moi entretida: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet unha recensión crítica sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.

A Coruña, escenario de novela negra: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no suplemento «Fugas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.