Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_antesala_luminosa

Apaixonante lectura: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón.     «A antesala luminosa» de Antonio Tizón Gran presentación a do serán (moi frío) de onte na cidade vella coruñesa.

Dúas tramas nunha novela rica: «A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Texto de Rosalía Cotelo

Reproducimos a intervención de Rosalía Cotelo sobre a novela A antesala luminosa, de Antonio Tizón, na presentación de onte na Coruña.   A antesala luminosa é unha novela que desborda xéneros e expectativas, como a luz desborda unha estancia ou o líquido desborda un vaso. Nese desbordamento non hai desmesura, senón a promesa dunha riqueza temática e literaria que invita a seguir lendo.

Antonio Tizón: «Esta novela é politicamente incorrecta, ten moito sexo»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Rodri García co escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa. (Foto de Marcos Míguez)   «Esta novela é politicamente incorrecta, ten moito sexo» Tizón etiqueta a obra de «mulata», xa que usa a trama negra «como envoltorio para falar do amor, da vida, da morte…» A noite de San Xoán deixa dous cadáveres calcinados na praia do Matadero.

«A antesala luminosa», de Antonio Tizón: novela con pousos de saúde mental. Recomendada na páxina de FEAFES Galicia

A web de FEAFES Galicia recomenda a lectura de A antesala luminosa, de Antonio Tizón.     «A antesala luminosa», novela con pousos de saúde mental O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000.

Antonio Tizón: «Utilizo a novela negra como coartada para tratar os temas que realmente me interesan, como a loucura»

La Opinión de A Coruña publicou unha entrevista de José Manuel Gutiérrez co escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa.     Antonio Tizón Autor de ‘A antesala luminosa’, novela ambientada na Coruña «A novela negra é tamén unha forma de retratar unha sociedade corrupta» «Eu son bipolar, pero isto non é un manual de autoaxuda para bipolares escrito por un bipolar.

Novidade: »A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Unha novela negra ambientada na Coruña

A antesala luminosa, de Antonio Tizón, é unha novidade da colección Narrativa. O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido.

Presentación de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón na Coruña

O mércores, 4 de febreiro, ás 20,00 h., no Local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, Cidade Vella da Coruña, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto, organizado coa colaboración de  Amigos dos Museos de Galicia, participarán  Juan Carlos Díaz del Valle, Cándido Barral, Rosalía Cotelo, Manuel Bragado e Antonio Tizón.