Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_coroa_de_napoleón

Jaureguizar: «A reacción dos rapaces con Tintimán é moi positiva: descubren que poden ler en galego cousas divertidas»

Praza Pública ofrece unha entrevista de Alberto Ramos a Jaureguizar centrada na serie Tintimán, que consta xa de tres títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña, e Amor de serea.

Tintimán, o booktrailer

«A coroa de Napoleón» e Tintimán no xornal La Opinión da Coruña

«A coroa de Napoleón» e Tintimán no xornal La Opinión da Coruña

Luis P. Ferreiro publica en La Opinión da Coruña un comentario sobre A coroa de Napoleón, de Jaureguizar, así como sobre serie Tintimán.

Tintimán, a serie de Jaureguizar, reseñada no Galicia Hoxe

Este pasado domingo o xornal Galicia Hoxe publicou unha ampla noticia sobre a serie Tintimán, de Jaureguizar, que consta xa de dous títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.

«A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña», de Jaureguizar, presentación o próximo xoves na Coruña

A libraría Arenas acollerá o próximo o xoves, 20 de xaneiro,a presentación da novela A Coroa de Napoleón. Un misterio de Tintiman na Coruña, de Jaureguizar. O acto, que contará coa participación de Manuel Santiago Arenas Roca, Presidente da Asociación Histórico Cultural The Royal Green Jackets; o propio Jaureguizar e Manuel Bragado; terá ás 20,30 horas nos locais da libraría (Cantón Pequeno, 25 ).

Jaureguizar entrevistado en «Xornal de Galicia»

Iago Martínez publica en Xornal de Galicia unha longa entrevista con Jaureguizar. Tras a publicación recnte das dúas primeiras entregas da serie «Aventuras de Tintimán», Corazón de chocolate e A coroa de Napoleón, anuncia que corrixe o orixinal dunha nova novela para adultos.

«A coroa de Napoleón» de Jaureguizar, crítica de Paula Fernández

NOVELAS DE DETECTIVES Con chiscadelas bravú Na cidade da Coruña celébrase o bicentenario da batalla de Elviña, e no medio desta celebración acontece algo que podería crear un importante conflito diplomático con Francia: a coroa de Napoleón cedida para os actos desapareceu.

«A coroa de Napoleón», a serie de Jaureguizar protagonizada por Tintimán, recomendada por Manuel Rodríguez Alonso

Un reporteiro con futuro Santiago Jaureguizar presenta neste relato dedicado a un público xuvenil a figura dun mozote de bacharelato metido a reporteiro intrépido que investiga o roubo da coroa imperial de Napoleón nos actos conmemorativos da batalla de Elviña en 2009. O libro é o número 2 dunha serie iniciada por outra entrega que ten por protagonista o mesmo rapaz intrépido (Tintimán).

«Un misterio para Tintimán», nace un xove detective galego da man de Jaureguízar

A finais desta semana chegarán ás librarías os primeiros exemplares das dúas primeiras novelas coas que se dá a coñecer Tintimán, o xove detective galego creado por Jaureguízar: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña.