Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_dama_da_luz

Blanca Roig escribe sobre «Lúa do Senegal» de Agustín Fernández Paz

Blanca Ana Roig Rechou, profesora da USC, inaugura en El Correo Gallego a súa sección sobre Literatura Infantil e Xuvenil cun formidable artigo sobre Lúa do Senegal, a novela de Agustín Fernández Paz, recentemente gañadora do Premio AELG 2010 ao mellor libro infantil e xuvenil de 2010.

«A dama da luz», crítica de Paula Fernández

A beleza que presaxian as tapas d’A dama da luz faise patente no momento que comezamos a súa lectura e pasamos a visualizar a fermosura das súas detallistas ilustracións e a deleitármonos coa súa prosa; ambas as dúas compoñentes imprescindibles deste álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz que parte dunha rapaza, Marta, ao tempo protagonista e narrataria, e o seu avó, tamén protagonis

Premios «Fervenzas Literarias 2009»

Recibimos con entusiasmo e agradecemento a noticia dos Premios «Fervenzas Literarias 2009» outorgados polos lectores e lectoras deste espazo de referencia na promoción da literatura galega. Tras os resultados de 2007 e 2008, velaí as obras publicadas por Xerais que resultaron gañadoras: Monte Louro de Luís Rei Núñez, mellor libro de literatura para adultos. Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, mellor libro xuvenil.

«Valados»: «Como un irmao che falo»

Coa cita que serve para titular esta recensión, extraída do coñecido poema de Celso Emilio Ferreiro, e ben acaída para esta ocasión, ábrese Valados, o último libro de Agustín Fernández  Paz que se engade ás súas últimas propostas publicadas este mesmo ano: Lúa do Senegal e mais A dama da Luz.

«A dama da Luz», presentación en Vigo

O vindeiro luns, 19 de outubro, ás 20:00 horas presentarase na Casa do Libro de Vigo o álbum A dama da Luz. No acto intervirán Agustín Fernández Paz (autor do texto), Jorge Magutis (autor das ilustracións) e Helena Pérez (editora do álbum).

«A dama da luz», un álbum fermoso recomendado por Trafegando ronseis

Lucidísimo comentario de Trafegando ronseis sobre A dama da Luz, o álbum escrito por Agustín Fernández Paz e debuxado por Jorge Magutis. Reproducímolo na súa totalidade: Fermoso libro, fermoso texto, fermosa historia, fermosas ilustracións. A dama da Luz de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Jorge Magutis, é unha xoia bibliográfica que debemos ter nos nosos andeis. Para abrila de cando en vez.

“A dama da Luz”, álbum de Magutis e Fernández Paz

“A dama da Luz”, álbum de Magutis e Fernández Paz

Acaba de chegar do prelo a tirada d’ A dama da Luz, un álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz, ambientado no Vigo vello e mariñeiro e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera. A dama da Luz chegará ás librarías na primeira decena de setembro.

Agustín Fernández Paz, novas reedicións

Agustín Fernández Paz, novas reedicións

Ao longo deste mes de xaneiro entran no almacén novas reedicións de diversos títulos de Agustín Fernández Paz: a terceira d’ O único que queda é o amor, o libro de relatos gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e  Xuvenil 2008; a vixésimo terceira de Cartas de inverno, un dos longseller da edición galega (acabou o pasado ano con 68.