Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_galera_de_xelmírez

Presentación de “A galera de Xelmírez” no Festigal 2015

O sábado, 25 de xullo, ás 17:00 horas, na Galería das Letras e das Ideas do Festigal, 2015, Campus Universitario Sur de Compostela, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Manuel Bragado e Xabier Paz.

Novidade: «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz. Unha viaxe transformadora

A novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz, é unha novidade de Xerais Narrativa para este verán. Por encargo do arcebispo de Compostela dous homes novos e un mozo parten de Pisa cara a Iria para construír unha nave de guerra. O piloto e mestre Fuxón Bonincontro, o carpinteiro de ribeira Stefano Bagnoli e o aprendiz Francesco Nuti atravesan a península polo camiño como tantos outros peregrinos, inda que eles non o sexan.

Presentación na Coruña de “A galera de Xelmírez” de Xabier Paz

O mércores, 15 de xullo, ás 20:00 horas, na Berbiriana, rúa Santiago, 7 (porta real) da Coruña, terá lugar a presentación do libro A galera de Xelmírez de Xabier Paz. No acto participarán Begoña Varela e Xabier Paz.

Feira do Libro: «De cristal», de Silvestre Gómez Xurxo, e «A galera de Xelmírez», de Xabier Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación onte na Feira do Libro de Vigo das novelas De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo, e  A galera de Xelmírez, de Xabier Paz.   Presentacións na feira Pechamos onte a participación de Xerais na Feira do Libro de Vigo coas presentacións dos libros de Silvestre Gómez Xurxo, De cristal, e Xabier Paz, A galera de Xelmírez.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais preparou o seguinte programa para a Feira do Libro de Vigo, que se celebrará do 3 ao 12 de xullo, na rúa Progreso, dentrás do Marco. Día 3 de xullo, venres 13:00 h.:  Pregón a cargo de Ledicia Costas. 20:00 h.:  Presentación de Dragal IV A estirpe do dragón de Elena Gallego Abad con Manuel Bragado. 21:00 h.