Xerais oferta nove ebooks a prezo especial
Xerais seleccionou nove títulos para todos os públicos e de temática variada para ofertar a prezo especial varios dos seus ebooks. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Publicado o 13 Abril, 2020 nas categorías E-books, Lectura, Xerais
Xerais seleccionou nove títulos para todos os públicos e de temática variada para ofertar a prezo especial varios dos seus ebooks. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Publicado o 19 Xullo, 2019 nas categorías Fóra de Xogo, Infantil, Mesa Redonda, Narrativa, Noticias, Xuvenil
O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.
Publicado o 12 Xullo, 2019 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Infantil, Narrativa, Xuvenil
A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.
Publicado o 30 Maio, 2019 nas categorías Narrativa, Reportaxes
O xornal La Voz de Galicia publicou una reportaxe asinada por E. V. Pita sobre a novela negra na que da conta dos seguintes títulos publicados por Xerais: Os fillos do mar, Os fillos do lume e A memoria da choiva, de Pedro Feijóo; A ira dos mansos, de Manuel Esteban; Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña e Infamia, de Ledicia Costas.
Publicado o 23 Maio, 2019 nas categorías Blogs, Entrevistas, Narrativa
A web Nueva Revolución publicou unha entrevista de Iria Bouzas ao escritor Manuel Esteban sobre os libros: A ira dos mansos (Xerais, 2016) e O meu nome é ninguén (Xerais, 2019).
Publicado o 29 Xaneiro, 2018 nas categorías Centros de ensino, Clubs_de_lectura, Fóra de Xogo, Infantil, Merlín, Narrativa, Poesía, Xuvenil
O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.
Publicado o 23 Xuño, 2017 nas categorías Asinatura, Autores, Feiras_do_libro, Presentacións, Xerais
Do xoves, 29 de xuño ao sábado, 8 de xullo terá lugar na Porta do Sol viguesa, ao pé so Sireno, a Feira do Libro de Vigo 2017 na que Xerais terá un variado programa: Día 29 de xuño, xoves 12:30 h.: Pregón de Carlos Núñez. Día 3 de xullo, luns 19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura. 20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua. 20:30 h.
Publicado o 31 Maio, 2017 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevistade David González Domínguez ao escritor Manuel Esteban, sobre a novela A ira dos mansos, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.
Publicado o 20 Marzo, 2017 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 24 de marzo, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago, terá lugar unha conversa arreodor do libro A ira dos mansos de Manuel Esteban, Premio Xerais de Novela, 2016. Conversará co autor un membro da Asociación Down de Santiago.
Publicado o 20 Febreiro, 2017 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Publicado o 6 Febreiro, 2017 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa, Premios_Xerais
O escritor Pedro Feijoo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre a novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2016.
Publicado o 17 Xaneiro, 2017 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios
A novela A ira dos mansos, de Manuel Esteban, Premio Xerais 2016, acaba de ser elixida mellor libro de narrativa de 2016 en Redelibros a través dos votos dos e das participantes. A novela comeza cando aparece o cadáver dunha nena con síndrome de down nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional.