Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_memoria_dos_paxaros

Unha novela de aventuras que reivindica unha maior atención para o mundo avícola: «A memoria dos paxaros», de Teresa González Costa. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro A memoria dos paxaros, de Teresa González Costa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   Novela na defensa avícola e da biodiversidade: «A memoria dos paxaros», de Teresa González Costa   Desde hai corenta anos para acá avanzouse moito na concienciación cidadá para a defensa do medio ambiente.

O xornal «Nós Diario» publica unha reportaxe sobre as novidades das editoriais galegas para o outono, con mención a varios títulos de Xerais

O xornal Nós Diario publicou unha reportaxe sobre as novidades das editoriais galegas para o outono, con mención a varios títulos publicados por Xerais.   Setembro inaugura un outono editorial anómalo, mais ateigado de novidades As principais editoriais galegas xa deixan ver as súas achegas de cara a este outono marcado polo contexto extraordinario, con moita presenza do ensaio e das novidades para a cativada.

Novidade: «A memoria dos paxaros», de Teresa González Costa. Unha vila na que empezan a acontecer fenómenos estraños que poden acabar en traxedia

A memoria dos paxaros, de Teresa González Costa, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables.