Publicado o 25 Setembro, 2019 nas categorías Entrevistas, Poesía
O xornal A Nosa Terra publicou unha entrevista de Xan Carballa á Helena González sobre o libro: Rosalía feminista, publicado por Xerais na colección Poesía. (Imaxe: A Nosa Terra).
Ler máis →
Publicado o 20 Setembro, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa, Traducións
Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma.
Como viven as mulleres musulmás na India
Imos comezar esta crónica coas palabras con que María Reimóndez remata o seu limiar: “Estas que nos abren a noite de par en par para buscar a luz do día”. Refírese ao texto da novela de Salma.
Ler máis →
Publicado o 27 Xullo, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.
Fernández Paz pescuda no seu pasado
Agustín Fernández Paz presenta a súa última novela, ‘Non hai noite tan longa’, unha obra narrativa na que o escritor de Vilalba recrea a recente historia de Galiza cun sentido crítico. Edita Xerais.
Ler máis →
Publicado o 19 Xullo, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda.
A óptica poética na narrativa de Eva Moreda
O primeiro que ter en conta ao ler esta novela é que está escrita desde unha óptica poética. Non queremos con isto dicir que se trate de prosa poética; entendo por prosa poética esa que case só se diferencia da poesía pola forma en que se manifesta.
Ler máis →
Publicado o 15 Xullo, 2011 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín
O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo.na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.
Reedítase un gran clásico da literatura infantil
‘O misterio das badaladas’ estrea colección e editora. Xerais publica o gran clásico infantil de Xabier P. DoCampo 25 anos despois da súa primeira edición.
O misterio das badaladas foi un dos títulos máis identificativos da editora Vía Láctea na década do 1980.
Ler máis →
Publicado o 14 Xullo, 2011 nas categorías Álbums, Críticas, Infantil
Amaranta, a carteira saramaganta, de Mau e Pin. na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.
Os cativos coñecen a natureza galega
Amaranta, a carteira saramaganta é a última entrega da colección sobre Galiza de Mau e Pin. Nesta ocasión, os primeiros lectores aprenden máis sobre a nosa natureza.
A saramaganta é un anfibio que só se encontra na histórica Galaecia.
Ler máis →
Publicado o 12 Xullo, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.
Un dedo manchado de tinta e os títulos alternativos
Gonzalo é condutor de autobús en Santiago, ex profesor de instituto, home con criterio mais sen cartos, de fértil imaxinación e capacidade de observación.
Ler máis →
Publicado o 4 Xullo, 2011 nas categorías Álbums, Críticas, Infantil
A princesa Sabela, de Cornelia Funke, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra.
Cornelia Funke para primeiros lectores
Cornelia Funke é unha das autoras máis famosas no mundo da literatura infantil e xuvenil. ‘A princesa Sabela’, que agora publica Xerais, é un conto pensado para os cativos da casa que xa dominan as letras pero aínda non se atreven con textos demasiado longos.
Ler máis →
Publicado o 28 Xuño, 2011 nas categorías Audios, Críticas, Radio, Teatro
Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Reproducímola integramente:
Gran teatro para ler e escoitar
Unha das razón de ser da literatura é a de amosar relacións, cun mesmo, cos demais, co mundo. Desde sempre a agora tamén. O que mudou/está a mudar é a forma de relacionarse o lector coas historias que le.
Ler máis →
Publicado o 24 Xuño, 2011 nas categorías Artigos literarios, Críticas, Narrativa
Antonio García Teijeiro fala de Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz na súa columna de A Nosa Terra. Reproducimos o parágrafo:
Gocei moitísimo co libro de Agustín Fernández Paz, Non hai noite tan longa. Coa súa prosa limpa, o seu estilo pulcro, o compromiso de poñer o dedo na ferida, conseguiu emocionarme cunha historia moi ben contada.
Ler máis →
Publicado o 21 Xuño, 2011 nas categorías Críticas, Narrativa
Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre Fundación Libélula, de Yashmina Shawki. Reproducímola integramente:
Fundación Libélula, unha novela semente
Mentres me dispoño a comezar esta crítica, un pensamento cruza as miñas mentes: a creación é, en definitiva, unha reacción, unha indignada reacción fronte á nada.
Ler máis →
Publicado o 15 Xuño, 2011 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo
Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Dragal II. A metamorfose do Dragón de Elena Gallego Abad. Reproducímola integramente:
Fresca aínda na memoria a primeira entrega do dragón galego, chega agora a segunda parte das andanzas de Hadrián/Dragal, Mónica, Brais, o cura de San Pedro e demais compaña.
Ler máis →