Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_nosa_terra

Premios Xerais 2011 nos medios

Foron numerosas as referencias na prensa galega, tanto impresa como dixital, ao fallo dos Premios Xerais 2011. «Os Xerais distinguen obras de aventuras mariñas e de intriga» (Camilo Franco, La Voz de Galicia). «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Premios Xerais 2011» (E. Ocampo, Faro de Vigo). «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”« (Xornal de Galicia).

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímola integramente: O bebedor de rakia, novela que fai pensar Na crónica libresca da semana pasada reclamabamos máis atención á hora de observar/ter a literatura como unha fonte de saber. Entre todas as que hai, unha das máis importantes, como mínimo.

«As palabras que move o mar», de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día

As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. O debú serodio de Xaime Toxo Xaime Toxo presenta o seu primeiro libro, ‘As palabras que move o mar’, un conxunto de catro relatos longos que publica Xerais. As palabras que move o mar supón o debú narrativo de Xaime Toxo (Bueu, 1955) tras varios premios de narrativa breve.

«A chamada da selva», de Jack London na sección Un libro para cada día de ANT

A chamada da selva, de Jack London, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra Aínda non sabes quen é o cadelo Buck? Redacción. Xerais reedita o clásico xuvenil de Jack London ‘A chamada da selva’, que conta a historia dos buscadores de ouro en Alaska a finais do século XIX. Aventuras contadas desde o punto de vista do can Buck.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en A Nosa Terra unha recensión sobre Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. Reproducímola integramente: O pouso de mestría do Fernández Paz para adultos Non puido ser con Aire negro, nin tampouco con O único que queda é o amor. Agustín Fernández Paz tiña ganas de ofrecer discursos para adultos e nesas obras fica ben patente.

«O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos, na sección «Un libro para cada día»

«O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos, na sección «Un libro para cada día»

A Nosa Terra dedica a súa sección Un libro para cada día a O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímolo integramente: Os desastres de guerra, por Xesús Manuel Marcos Xesús Manuel Marcos viaxa á guerra da antiga Iugoslavia no seu último libro, ‘O bebedor de rakia’, crónica das vivencias persoais dos soldados galegos nos Balcáns, que publica Xerais.

«Macarrón de narices», de Xoán Babarro, na sección Un libro para cada día

Macarrón de narices, de Xoán Babarro, aparece hoxe na sección «Un libro para cada día», de A Nosa Terra. Reproducímolo integramente: Un príncipe seducido pola pasta de tomate Macarrón de Narices é o título deste álbume pensado para os cativos que Xoán Babarro González publica na colección ‘Merlín’ de Xerais. As ilustracións son de Marcos Calo.

«Florentino, o príncipe Quino», de Gloria Sánchez, na sección Un libro para cada día

Florentino, o príncipe Quino, de Gloria Sánchez, aparece  hoxe sección «Un libro para cada día», de A Nosa Terra. Reproducímolo integramente: Gloria Sánchez e o príncipe marrau Redacción .  ‘Florentino, o príncipe Quino’, de Gloria Sánchez, con ilustracións de Xan López Domínguez, é un conto moi porco con algunhas moscas convidadas. Edita Xerais.

«Cara B», de Ignacio Silva, en «Un libro para cada dia», de A Nosa Terra

O libro Cara B, de Ignacio Silva, ocupa hoxe o espazo «Un libro para cada dia», de A Nosa Terra. Reproducímolo a continuación: ‘Cela aberta’ mereceu o VII Premio Valle Inclán da Pobra do Caramiñal.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «(Retro)visor», de Antía Otero

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre (Retro)visor, de Antía Otero, que reproducimos integramente. O espello panorámico de Antía Otero Sete anos despois daquel iniciático O son da xordeira, o polifacético nome de Antía Otero volve asinar un novo poemario.

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre novela «Bilbao-New York-Bilbao», de Kirmen Uribe

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre a novela Bilbao-New York-Bilbao, de Kirmen Uribe, novela gañadora do último Premio Nacional de Narrativa 2009, do Premio da Crítica 2008, do Premio da Fundación Ramón Ruibal 2008 e do Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi 2009.A maiores, nos últimos días, X. M. Eyré realizou no seu blog algunhas anotacións sobre a lectura da novela.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Cara B», de Ignacio Silva

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Cara B», de Ignacio Silva

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Cara B, de Ignacio Silva.