Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_nosa_terra

Irene Pérez Pintos, entrevista n’ «A Nosa Terra»

Irene Pérez Pintos, entrevista n’ «A Nosa Terra»

Irene Pérez Pintos, a autora de Etiqueta para tod@s, é entrevista por  A Nosa Terra.

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán protagoniza hoxe unha ampla reportaxe de Faro de Vigo na que Fernando Franco fai un interesantísimo percorrido pola súa traxectoria biográfica e literaria. Así mesmo, María Xosé Queizán publica esta semana n’ A Nosa Terra unha columna de opinión sobre Prostitución: clientes e outros homes, libro das sociólogas Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire.

Entrevista a Gonzalo Moure

Entrevista a Gonzalo Moure

César Lorenzo Gil entrevista n’ A Nosa Terra ao escritor Gonzalo Moure a raíz da publicación d’ A porta de Mayo.  Reproducimos algúns fragmentos dunha conversa moi interesante, onde Moure anuncia que acaba de rematar a súa primeira obra en galego: Como foi que A porta de Mayo estea en galego –en tradución de Santiago Jaureguizar– e non na lingua orixinal, o castelán? Este libro ten unha historia singular.

“Cita co Xerais”, comentario de Perozo

“Cita co Xerais”, comentario de Perozo

Xosé Antonio Perozo publica n’ A Nosa Terra un comentario agarimeiro sobre os Premios Xerais. A débeda que a cultura galega ten con Edicións Xerais de Galicia queda compensada cando escoitamos a Manolo Bragado falar das cifras millonarias de libros editados e vendidos ó longo da historia da editorial.

Xerais inicia a transición ao libro electrónico

Recollemos as informacións publicadas, até o momento sobre a transición emprendida pola editorial cara o libro electrónico. “Xerais inicia a transición cara o libro electrónico” (Vieiros). “Xerais presenta a súa estratexia cara o libro dixital” (culturagalega.org). “Deixaremos de editar libros para editar contidos” (A Nosa Terra diario).

Ramón Nicolás, entrevistado por «A Nosa Terra»

Ramón Nicolás, entrevistado por «A Nosa Terra»

Ramon Nicolás, autor de Conversas con Celso Emilio Ferreiro, é entrevistado por Lara Rozados para A Nosa Terra. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante: Que evolución persoal e ideolóxica atopamos no Celso Emilio que responde a estas entrevistas? Manexei sobre todo entrevistas dos 60 e dos 70. Había algunhas previas, pero notábaselles certa modulación das preguntas e mesmo certa autocensura.

«Para seguir bailando», adianto da crítica de Eyré

«Para seguir bailando», adianto da crítica de Eyré

Xosé Manuel Eyré adianta no seu blog a crítica que enviou A Nosa Terra de Para seguir bailando, o libro de F.X. Fernández Naval. Reproducimos o texto: Está xa na rúa a nova achega de Francisco X. Fernández Naval, que neste caso escolleu o formato da narrativa breve.

Entrevista a Ana Iglesias

Entrevista a Ana Iglesias

A Nosa Terra publica esta semana unha entrevista a Ana Iglesias, a sociolingüista autora de Falar galego: “no veo por que” e coautora dos libros de Lingua e Literatura de 1º e 2º de Bacharelato de Xerais. Na conversa abórdanse algunhas cuestións de actualidade como a polémica arredor da iniciativa de derrogar o decreto de fomento do galego no sistema educativo.

Entrevista a Benedicto

Entrevista a Benedicto

Foto Paco Vilabarrros Mar Barros entrevista a Benedicto García Villar para as páxinas d’ A Nosa Terra, con motivo da aparición de Sonata de amigos.

«O Globo de Shakespeare», adianto da crítica de Eyré

«O Globo de Shakespeare», adianto da crítica de Eyré

Eyré adianta hoxe no seu blog dous parágrafos da crítica que preparou para A Nosa Terra sobre O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide: Desde que Xosé Carlos Caneiro publicara Ébora (Xerais, 2000) poucas veces me divertín tanto lendo unha novela. Tentado estou de botar contas, polo menos dalgún título de Bieito Alonso, por iso da xustiza comparativa.

Jaureguizar entrevistado por «A Nosa Terra»

Jaureguizar entrevistado por «A Nosa Terra»

A Nosa Terra publica esta semana a entrevista que Lara Rozados realizou a Jaureguizar con motivo da publicación d’ O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Recollemos algúns fragmentos: Esta novela, como outras súas, afonda no mundo do espectáculo.

Xosé Ramón Pena, entrevistado por «A Nosa Terra»

Xosé Ramón Pena, entrevistado por «A Nosa Terra»

Xosé Ramón Pena, autor d’ A batalla do paraíso triste, é entrevistado polo semanario A Nosa Terra. Recollemos varios fragmentos do texto: A batalla do paraíso triste, alén da contenda, ten que ver tamén coa «batalla» interior de cada personaxe? Por unha banda, o de «paraíso triste» dio Antoine de Saint Exupèry de Lisboa (el viviu, con todo, moi pouquiño tempo alí).