Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_pomba_e_o_degolado

Small Stations Press lanzará a partir do outono unha serie de literatura xuvenil galega traducida ao inglés

Small Stations Press, o selo editorial de Jonathan Dunne, publicará o vindeiro outono os primeiros títulos da nova serie de literatura xuvenil galega en inglés, Galician Wave, que comza a súa andaina con catro títulos: Aire negro de Agustín Fernández Paz, A Pomba e o Degolado de Fina Casalderrey, O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, e Dragal I, de Elena Gallego Abad.

Encontro con Fina Casalderrey no Club de Lectura «Tendendo redes»

O vindeiro mércores, 20 de xaneiro, entre as 17:00 e as 19.00 horas, terá lugar nas instalacións do Consello da Cultura Galega un encontro-coloquio coa escritora Fina Casalderrey con motivo da súa novela A pomba e o degolado. O acto, conducido por Miguel Vázquez Freire, está organizado polo Club de lectura «Tendendo redes» de Gálix.

«A pomba e o degolado», finalista do premio Hache 2010

«A pomba e o degolado», finalista do premio Hache 2010

Hoxe coñecimos que a edición castelán da novela de Fina Casalderrey, A pomba e o degolado, é unha das tres obras finalistas do premio Hache 2010 de literatura xuvenil, organizado polo Ayuntamiento de Cartagena e outorgado por máis dun milleiro de lectores entre os doce e os catorce anos.