Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_profa

Adrián Boquete presenta «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Anotación da Profa

A profa publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación da novela infantil Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández, asi como da novela De remate, Premio Xerais de Novela 2015.

Reedicións de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro en Fóra de Xogo

Os últimos libros de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro na colección Fóra de Xogo son obxecto dunha nova edición ante a súa demanda por parte dos lectores e lectoras. Reedítanse os libros Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que entra na 3ª edición, e O pintor do sombreiro de Malvas, que entra na 2ª edición.

A profa presenta unha completísima guía de lectura de «Ás de bolboreta»

A profa acaba de presentar no seu blog unha completa guía de lectura de Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que contou coa colaboración da propia autora. A guía de lectura está dirixida, moi especialmente, para o seu uso didáctico co alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.

Premios Xerais 2009, álbums de fotos

Premios Xerais 2009, álbums de fotos

A cerimonia dos Xerais 2009 foi recollida en diversos álbums de foto na rede. No perfil de Facebook están recollidos diversos álbums.

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Son moi numerosas as crónicas, anotacións ou fotografías publicadas nos blogs e nos perfís de Facebook sobre o serán dos Premios Xerais 2009. A todos os blogueiros e blogueiras agradecemos o seu agarimo.