Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_veiga_é_como_un_tempo_distinto

«A Veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, por Dolores Vilavedra

«A Veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, por Dolores Vilavedra

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «O mundo dende outras perspectivas», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados. Reproducimos o referido a A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda.

Crítica sobre «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, en Trafegando ronseis

Crítica sobre «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda. A Veiga é como un sitio distinto de Eva Moreda, publicado por Xerais, é ante todo un fermoso exercicio de lirismo que nos conduce da man, paseniño, á emigración londinense de finais dos anos 60.

Entrevista con Eva Moreda sobre «A Veiga é como un tempo distinto»

Cadernos de Comunicación e Análise publica unha entrevista con Eva Moreda sobre a súa novela A Veiga é como un tempo distinto, centrada na emigración galega en Londres. Reproducímola integramente: Eva Moreda: «Desaproveitouse o capital dos emigrantes retornados» É unha das escritoras máis elegantes e orixinais do momento. Con A Veiga é como un tempo distinto (Xerais) gañou o premio Terra de Melide de narrativa breve 2010.

Crítica de Vicente Araguas sobre «A Veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Reproducímola integramente: A Veiga estaba en Portobello Road Ou iso podemos deducir da “nouvelle” de Eva Moreda, “A Veiga é como un tempo distinto” (Edicións Xerais, Vigo 2011), Premio Terra de Melide, 2010.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog Novenoites unha recensión sobre A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda. Reproducímola integramente: Atoparse no formigueiro londinense Gelo da Veiga e Elisa dos Barreses atopáronse en Portobello Road. E co encontro aviveceu o lume dos sentimentos, a antiga relación, o desleixo, a sorpresa. Mais tamén alí naceu o medo.

«A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, novidade de Narrativa do mes de abril

A novela A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, Premio Terra de Melide 2010, é unha das novidades de Narrativa do mes de abril. Para Elisa dos Barreses e para Gelo o medo comezou en Portobello Road. Tamén alí foi onde retomaron a súa amizade, descubriron o pracer, o valor da liberdade, a música dos Beatles e dos Monkees ou a minisaia de Twiggy.

Eva Moreda, Premio Terra de Melide 2010 pola novela «A Veiga é como un tempo distinto»

A novena edición do Certame de Creación Literaria Terra de Melide xa ten gañadora. A novelista Eva Moreda Rodríguez é a autora da obra que mereceu o maior recoñecemento do xurado, e que leva por título A Veiga é como un tempo distinto. Eva Moreda naceu hai 29 anos en Vegadeo –Asturias–, pero trasladouse con só tres a Ribadeo. Logo viviría en Alemaña, Italia e Inglaterra, onde reside na actualidade.