Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_viaxe_de_gagarín

Agustín Fernández Paz e Xosé Ramón Pena, Premios da Crítica nas modalidades de Creación Literaria e Investigación

Os escritores Agustín Fernández Paz e Xosé Ramón Pena resultaron esta fin de semana galardonados cos Premios da Crítica nas modalidades de Creación Literaria e Investigación. A Agustín Fernández Paz corresdeulle o premio na modalidade de creación literaria pola súa novela A viaxe de Gagarin.

Reportaxe no ZigZag sobre os últimos libros de Agustín Fernández Paz

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre Agustín Fernández Paz centrada nas novelas A viaxe de Gagarin, A neve interminable e O segredo da illa negra.

«Penúltimas tendencias», de Carlos Negro e «A viaxe de Gagarin», Premios AELG 2015

Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil, e A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, na categoría de Narrativa, son as dúas obras publicadas por Xerais que foron galardoadas nos Premios AELG 2015, fallados na Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Libros de Xerais finalistas nos Premios AELG

Os socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2014 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística.

María Reimóndez, Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas, premiadas na Noite da Edición

O pasado venres celebrouse no Pazo da Cultura de Pontevedra a Noite da Edición 2015 durante a que se entregaron os premios aos mellores libros do pasado ano, outorgados polos membros da Asociación Galega de Editores. As obras premiadas poden consultarse nas publicacións de diversos medios de comunicación ou nesta ligazónda Asociación Galega de Editores.

Finalistas dos Premios da Edición

A Asociación Galega de Editores fixo pública a lista dos libros finalistas dos Premios da Edición 2014. Os galadróns elíxense nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.

Agustín Fernández Paz: «Ter lectores é o meirande agasallo»

O Faro da Cultura do xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a a Agustín Fernández Paz. A entrevista pode lerse ou descargarse aquí.

Os Premios Fervenzas Literarias 2014 recoñecen varias obras e autores/as de Xerais

A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos internautas e lectores do portal a través de votación dos internautas. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, a quen agradecemos os resultados obtidos polos libros publicados pola editorial. Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación ao respecto en Brétemas.

Sen memoria non somos ninguén: «A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, recensión que tamén recolle no seu blog.   Sen memoria non somos ninguén Ler A viaxe de Gagarin é un galano que ben debía aproveitarse por todo o que ensina e polo ben escrita que está.

Agustín Fernández Paz: «Quixen contar a intrahistoria da represión nos anos sesenta». Entrevista de Montse Dopico

Protexta publicou unha longa entrevista de Montse Dopico a Agustín Fernández Paz sobre a súa novela A viaxe de Gagarin. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Medida de perfección: A viaxe de Gagarin», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas da revista Grial unha recensión crítica sobre a novela A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz. A recensión crítica pode lerse ou descargarse neste enlace.

Agustín Fernández Paz: «O gran viveiro de lectores en lingua galega está na mocidade: é na idade da adolescencia cando madura o hábito lector»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista a a Agustín Fernández Paz.   Agustín Fernández Paz: “Debemos pórnos como meta escribir tan ben coma os mellores” Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é o escritor de ficción máis “vendido” en lingua galega. Tamén un dos máis populares grazas aos seus moitos éxitos entre a mocidade.