Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: a_vinganza_dos_homes_bos

Unha novela moi recomendable para o lectorado que ten como bandeira o “viguesismo”: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 24.00″.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na segunda quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

Manuel Esteban: «Carlos Manso naceu como un personaxe cliché, antiheroico, túzaro, de volta de todo… moi propio da novela negra». Entrevista na web «A Movida» sobre: «A vinganza dos homes bos»

  A web A Movida publicou unha entrevista de Paula Cermeño co escritor Manuel Esteban sobre o libro: A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2020

Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:  Sábado, 1 de agosto  18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías 18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona 19:00 h.: Arancha Nogueira asinará  Dente de leite. 20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra. 21:00 h.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na primeira quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

Manuel Esteban: «Este libro é unha volta de porca a ese inevitable descenso de Carlos Manso aos seus infernos». Entrevista en TeleVigo sobre: «A vinganza dos homes bos»

Televigo emitiu unha entrevista co escritor Manuel Esteban sobre o libro: A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 14.00″.

Xerais na Feira do Libro de Redondela 2020

Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Redondela na que Xerais ten organizadas as sinaturas seguintes: 17 de xullo ás 18:00 horas, Elba Pedrosa asinará O que non sabías. 17 de xullo ás 20:00 horas, Manuel Esteban asinará A vinganza dos homes bos.

Un pasado que sempre volve porque sempre estivo aí: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Manuel Esteban: «Manso é un antiheroe que camiña sempre sobre o afiado gume do fracaso». Entrevista no «Faro de Vigo» sobre: «A vinganza dos homes bos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista asinada por Lourdes Varela ao escritor Manuel Esteban sobre o libro: A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Manuel Esteban: «Este libro fala do perdón a un mesmo, que é un perdón complicado, porque normalmente queda debaixo da culpa». Entrevista en «Cíes Podcast» sobre: «A vinganza dos homes bos»

Cíes Podcast emitiu unha entrevista co escritor Manuel Esteban sobre o libro: A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 25″.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Vigo 2020

Do 25 de xuño ao 4 de xullo terá lugar, na rúa do Príncipe, a Feira do Libro de Vigo 2020, na que actuará como progoeira a escritora María Xosé Queizán e para a que  Xerais ten preparado o programa seguinte: Xoves, 25 de xuño 18:00 horas: Elba Pedrosa asinará O que non sabías. 19:00 horas: María Xosé Queizán asinará Vivir a galope e o resto da súa obra.

Manuel Esteban: «O perdón a un mesmo pode ser o máis complicado de todos, porque está soterrado debaixo da culpa». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «A vinganza dos homes bos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista asinada por Jorge Lamas ao escritor Manuel Esteban sobre o libro: A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.