Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Adiantos_para_ler

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

Antonio Reigosa: «Debemos actualizar a tradición». Entrevista sobre «O aprendiz do home do saco» en Radiofusión

Radiofusión publicou unha entrevista con Antonio Reigosa sobre O aprendiz do home do saco, o seu novo álbum infantil. A entrevista pode escoitarse aquí.   Un rapaz de hoxendía, fillo do seu tempo, non conta con moitas opcións profisionais, nen é moi bó estudiante. O seu pai só lle pode ofrecer o seu oficio. A realidade porálle os pés no chan e a cabeza no saco.

«Asasinato no Consello Nacional» primeiro capítulo para ler

«Asasinato no Consello Nacional» primeiro capítulo para ler

Pódese baixar en pdf o primeiro capítulo de Asasinato no Consello Nacional, a próxima novela de Diego Ameixeiras, que tanta expectación está a levantar e que se centra no asasinato de Mario Dacosta, parlamentario do BNG, o día en que todo o Consello Nacional presenta a súa dimisión logo do resultado electoral no que o bipartito perde as eleccións. Asasinato no Consello Nacional chegará ás librarías na próxima semana.