Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agadic

«Delimvois» de Rubén Ruibal

A vindeira semana chega ás librarías Delimvois de Rubén Ruibal. Publicada dentro da Biblioteca Dramática Galega, coeditada por AGADIC e Xerais, esta peza explora os límites da identidade de dous homes coa memoria borrada e unha científica que experimenta con eles. Delimvois (ou dlmvs) é a muralla científica que protexe e rodea unha das cidades do Estado Único.

«Game Over», presentación

«Game Over», presentación

O Salón Teatro de Santiago acolle mañá 2 de outubro ás 11:00 h a presentación en rolda de prensa da estrea absoluta do espectáculo Game over, da compañía Cachuzo Teatro, así como da publicación, a cargo de Edicións Xerais de Galicia, deste texto de Carlos Losada Galiñáns, premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007, dentro da Biblioteca Dramática Galega.