Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: agrupación_cultural_alexandre_bóveda

Xerais apoia a campaña para que se lle dea o nome da poeta galega Rosalía a unha estrela. Noticia no xornal Praza Pública.

O xornal Praza Pública publicou unha noticia sobre a campaña que puxo en marcha a Agrupación Astronómica Coruñesa para que se lle dea o nome da poeta galega Rosalía de Castro ao astro HD 149143, descuberto no ano 2005. A iniciativa conta co apoio de Xerais.   Que mellor nome que Rosalía para unha estrela? A estrela HD 149143 é unha anana amarela, semellante ao noso Sol, situada a 240 anos luz, na constelación de Ofiúco.

Presentación na Coruña de “Revolución Detrito” de Xosé de Cea

O xoves 4 de xullo, ás 20:00 horas, nos locais da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, terá lugar a presentación do libro Revolución Detrito de Xosé de Cea, novela finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Presentación na Coruña de “En las orillas del Sar” de Rosalía de Castro

O luns 1 de xullo de 2019 ás 20:00 horas, na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, rua Olmos 16-1º A Coruña, terá lugar a presentación de En las orillas del Sarde Rosalía de Castro. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. No acto, organizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, participarán Xosé Luís Axeitos, María Pilar García Negro e Anxo Angueira.

Presentación na Coruña de “Introdución ás relatividades de Einstein”

O luns 17 de setembro de 2018, ás 20:00 horas, na sede da Agrupación Alexandre Bóveda, rúa Olmos, 16-1º, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Introdución ás relatividades de Einstein de Ramón Vilalta. No acto acompañará ao autor Miguel Vázquez Freire.

«Feministas galegas» de Mónica Bar, presentación na Coruña

O vindeiro martes, 20 de abril, ás 20:00 horas, presentarase o libro de Mónica Bar Feministas galegas nas instalacións da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos 16-18, 1º). No acto a autora estará acompañada do editor Manuel Bragado.