Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: alaska

A colección Xabaril: os clásicos en plena forma. As aventuras de Jack London e o humor de Óscar Wilde

«Se a colección Xabarín foi fundamental para a normalización da nosa cultura a primeiros da década do 1980, Xerais leva recuperando desde hai uns anos títulos fundamentais das letras universais que seguen en plena forma para os lectores do século XXI».

«A chamada da selva», de Jack London, novidade do mes de xaneiro

Un dos clásicos da literatura universal, A chamada da Selva, de Jack London, que se desenvolve nas rexións xeadas de Alaska e constitúe un dos libros máis vendidos da historia de Xerais, publícase agora en Xabaril, nunha fermosa e renovada edición, traducido por Gonzalo Navaza. Jack London nacera en San Francisco no ano 1876 e morreu en Hawai en 1916.