Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: albert_monteys

Unha boa achega para o mundo do cómic na nosa lingua: «A media hora dos heroes» e «Campións do mundo», de El Hematocrítico. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre os libros: A media hora dos heroes, e Campións do mundo, de El Hematocrítico, publicados por Xerais.   A media hora dos heroes, e Campións do mundo, de El Hematocrítico   Como cada publicación de El Hematocrítico, un acerto.

«A media hora dos heroes» e «Campións do mundo», de El Hematocrítico, recomendacións de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura dos libros: A media hora dos heroes, e Campións do mundo, dúas publicacións que forman parte da colección de contos titulada: Lendas do recreo, de El Hematocrítico, con ilustracións de Albert Monteys. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Campións do mundo», de El Hematocrítico. Un descoñecido interrompe a diversión do grupo «Lendas do recreo» asegurando ser o campión do mundo dese xogo

Campións do mundo, de El Hematocrítico, con ilustracións de Albert Monteys, é unha novidade da colección Merlín – Cómics de Xerais. Os compoñentes de «Lendas do recreo» pasan un tempo entretido xogando ás escondidas. Non esperaban que un descoñecido interrompese a súa diversión asegurando que é o campión do mundo deste xogo.

Novidade: «A media hora dos heroes», de El Hematocrítico. A historia do incrible e secreto equipo «Lendas do recreo»

A media hora dos heroes, de El Hematocrítico, con ilustracións de Albert Monteys, é unha novidade da colección Merlín – Cómics de Xerais. Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigaron sen fútbol no recreo o resto da semana.