Publicado o 2 Decembro, 2010 nas categorías Autores, Infantil, Narrativa, Presentacións, Tintimán
O escritor Santiago Jaureguizar presentou onte en Compostela a súa novela Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, acompañado da concelleira de Educación, Mercedes Rosón e do director de Xerais, Manuel Bragado. O Concello de Santiago empregará o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promoiconar a lectura e promover o coñecemento da cidade.
Ler máis →
Publicado o 15 Outubro, 2010 nas categorías Artigos literarios, Autores, Narrativa
O xornalista e escritor Alberto Ramos publicou o pasado domingo 10 un artigo de opinión no Xornal sobre Asasinato no Consello Nacional no que di que Diego Ameixeiras crea un detective taoísta único na literatura galega e fala do morbo da novela.
Ler máis →
Publicado o 11 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Alberto Ramos escribe en Xornal de Galicia sobre Asasinato no Consello Nacional, a novela de Diego Ameixeiras:
“Confeso que me mataron”. Iso podería escribir algún deputado nacionalista despois de ler Asasinato no Consello Nacional (Xerais). Ameixeiras apuntou e apuntou con tino. Os disparos saíron da súa pluma e acertaron, pero non só á vítima.
Ler máis →
Publicado o 11 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Alberto Ramós entrevista en Xornal de Galicia a Diego Ameixeiras con motivo da aparición de Asasinato no Consello Nacional. Velaí o comezo do texto:
“Bloque: masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada. (Dicionario Xerais da Lingua)”. Está é a cita que elixiu Diego Ameixeiras (Lausanne, Suiza, 1976) para abrir a súa nova novela, Asasinato no Consello Nacional (Xerais).
Ler máis →
Publicado o 2 Agosto, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
Alberto Ramos anuncia en Xornal de Galicia a publicación inminente da nova novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional. Unha novela de intriga na que o Alberto Cudeiro, un elegante detective con ínfulas taoístas, debe investigar o crime dun parlamentario do BNG nun momento político decisivo, feito que o levará a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.
Ler máis →
Publicado o 27 Xullo, 2010 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Xerais_nos_medios
Manuel Rivas anuncia hoxe nunha entrevista que Alberto Ramos publica nas páxinas de Xornal de Galicia a publicación o vindeiro outono de Todo é silencio, unha novela que xirará arredor do mundo do contrabando de Brétema, unha vila inventada. «Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2010 nas categorías Autores, Crónica, Entrevistas, Presentacións, Xerais_nos_medios
Acción Contra a Fame e Xerais publican Níxer, un libro solidario sobre o país africano
Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí.
Ler máis →
Publicado o 14 Novembro, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Xerais_nos_medios
Xosé Fernández Ferreiro, o novelista da xeración Brais Pinto, recibe estes días a homenaxe que lle rende o Pen Club de Galicia. Xerais abenzoa ao noso benquerido Pepe, autor do que nos sentimos orgullosos ter publicada case a totalidade das súas dezaseis novelas.
Foto de Óscar París e entrevista de M. Rodríguez en La Voz de Galicia. Outra entrevista interesante é estoutra de Alberto Ramos que publica Xornal de Galicia.
Ler máis →