Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: álbum

Xerais publica un Catálogo de Lecturas Xuvenís

Xerais acaba de publicar un Catálogo de Lecturas Xuvenís que se está a distribuír por todas as bibliotecas, principais librarías e medios de comunicación. O catálogo está organizado temáticamente: aventura, ciencia ficción, fantasía, historia, medo, misterio, mocidade, policial, social, poesía, teatro e álbum. O catálogo tamén pode consultarse ou descargarse en pdf desde a web de Xerais.

«A dama da Luz», presentación en Vigo

O vindeiro luns, 19 de outubro, ás 20:00 horas presentarase na Casa do Libro de Vigo o álbum A dama da Luz. No acto intervirán Agustín Fernández Paz (autor do texto), Jorge Magutis (autor das ilustracións) e Helena Pérez (editora do álbum).

«A dama da luz», un álbum fermoso recomendado por Trafegando ronseis

Lucidísimo comentario de Trafegando ronseis sobre A dama da Luz, o álbum escrito por Agustín Fernández Paz e debuxado por Jorge Magutis. Reproducímolo na súa totalidade: Fermoso libro, fermoso texto, fermosa historia, fermosas ilustracións. A dama da Luz de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Jorge Magutis, é unha xoia bibliográfica que debemos ter nos nosos andeis. Para abrila de cando en vez.