Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: alicia_borrás

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013. Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 29 de xuño, sábado 19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.  Día 2 de xullo, martes 19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor. 19:30 h.

Unha viaxe polo corpo: «O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás.   Axeitado texto Para descubrir o corpo O señor corpo quere xogar é unha obra pensada para prelectores e primeiros lectores que invita os nenos a descubrir o seu corpo e a experimentar con el.

As partes do corpo: «O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás   O señor Corpo quere xogar Un libro precioso, a verdade, onde non son obxectiva porque me namoraron as ilustracións do amigo Rodrigo Chao.

«O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás e «O aprendiz do home do saco», de Antonio Reigosa: dous álbums para cativos en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil, publica unha recensión sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás e sobre O aprendiz do home do saco, de Antonio Reigosa.     Sacar a lingua e bocexar No souto temos predilección pola colección Merliño de Xerais e hoxe presentamos dúas das novidades desta colleita ideal para cativos pequechos que de seguro se converten nunha boa opción para agasallar.

Os novos álbums ilustrados de Merliño: Alicia Borrás e Antonio Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou unha anotación no seu blog sobre álbums ilustrados  O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás e Rodrigo Chao e O aprendiz do home do saco, de Antonio Reigosa.

Un canto ao corpo: «O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás. Información de Mar Mato

O Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás e Rodrigo Chao.

Novidade: «O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás e Rodrigo Chao. Álbum para primeiros lectores

A colección Merliño acolle O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás e Rodrigo Chao. O señor Corpo quere xogar, quere moverse, quere brincar. Dona Cabeza vaille axudar, os ollos terán que mirar, a boca falar, as orellas escoitar, coas pernas camiñar e cos pés andar.