Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: amaia_mauleón

Antonio García Teijeiro: «Non concibo a miña vida sen o mar»

Faro de Vigo publica unha información de Amaia Mauleón a Antonio García Teijeiro sobre o seu libro Poemar o mar, ilustrado por Xan López Domínguez. A información pode lerse ou descargase en pdf nesta ligazón.

Pemón Bouzas: «Este libro responde á pregunta que se fan os nenos de quen son os Reis Magos. Entrevista sobre «A estrela de oriente»

Faro de Vigo publica unha entrevista de Amaia Mauleón a Pemón Bouzas sobre o seu libro A estrela de oriente. (Foto de X. Álvarez). El Correo Gallego tamén informa sobre a presentación, esta, tarde do libro en Compostela.

Marcos Calveiro presentou «Settecento» en Vigo

O Auditorio David Russell do Conservatorio Profesional de Vigo encheuse para acoller a presentación de Settecento, a segunda novela de Marcos Calveiro en Xerais Narrativa. Tras unha fermosa glosa da obra de Manuel Candelas Colodrón e as palabras do autor, os membros da Orquestra «CMUS Profesional de Vigo», dirixidos por Edita Shulman, intepretaron o concerto «Alla Rustica» de Vivaldi.