Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: amor_de_serea

«Amor de serea», de Jaureguizar: reportaxe no Zig-zag da TVG

O programa da TVG Zig-zag diario, emitiu unha reportaxe sobre Amor de serea, o novo libro de Jaureguizar da serie Tintimán.

«Feminismos», á cabeza dos libros máis vendidos en Ensaio e «En vías de extinción» e «A vitoria do perdedor», en Narrativa

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. En vías de extinción, de María Reimóndez e A vitoria do perdedor, de Carlos G. Reigosa, encabezan a lista dos máis vendidos en Narrativa, seguido de Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema e As voces baixas, de Manuel Rivas.

A habelencia de Jaureguizar. Crítica de Vicente Araguas sobre «Amor de serea»

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea. A crítica pode lerse completa en pdf.

O que sucede se desparecen os galeóns de Rande: «Amor de serea», de Jaureguizar. Crítica de María Navarro

O que sucede se desparecen os galeóns de Rande: «Amor de serea», de Jaureguizar. Crítica de María Navarro

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de María Navarro sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea.   Un pasado romántico Novas aventuras de Tintimán Amor de serea constitúe a terceira entrega da colección “Un misterio para Tintimán” que Jaureguizar publica en Edicións Xerais de Galicia.

Potencia caricaturesca e relación cos filmes de detectives: «Amor de serea», de Jaureguizar. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar, titulado Amor de serea.

O «Tintimán» de Jaureguizar viaxa a Vigo para investigar os galeóns de Rande. Reportaxe de Marta Veiga

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publican unha reportaxe de Marta Veiga sobre o novo libro da serie Tintimán, de Jaureguizar,, titulado Amor de serea.

Tintimán viaxa a Vigo: «Amor de serea», de Jaureguizar. Anotación de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Amor de serea, de Jaureguizar, un novo título da serie Tintimán.   Amor de serea Téñolle moita querenza á serie “Un misterio para Tintimán” de Jaureguizar.

Novidade: «»Amor de serea, de Jaureguizar, novo título da serie Tintimán

Xa está na librarías Amor de serea, de Jaureguizar, un novo título da serie Tintimán. Os galeóns de Rande desapareceron. Non hai rastro deles en toda a ría de Vigo. O Amor de Serea toleou os malvados, que están dispostos a calquera ruindade para facerse con el. Soamente o reporteiro máis valente e espelido de Galicia, Tintimán, poderá combatelos malia ter apenas 16 anos.

Jaureguizar: «A reacción dos rapaces con Tintimán é moi positiva: descubren que poden ler en galego cousas divertidas»

Praza Pública ofrece unha entrevista de Alberto Ramos a Jaureguizar centrada na serie Tintimán, que consta xa de tres títulos: Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela e A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña, e Amor de serea.