An Alfaya: «A soidade é un tema que transita por case toda a miña narrativa»
Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora An Alfaya.
Publicado o 20 Novembro, 2015 nas categorías Entrevistas, Infantil, Narrativa, Xuvenil
Noticieirogalego.com publicou unha entrevista que lle fixo Carlos Loureiro Rodríguez á escritora An Alfaya.
Publicado o 9 Novembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado, 14 de novembro, ás 12:30 horas, na libraría Paz, rúa Peregrina, 29, de Pontevedra, terá lugar o “Vermú entre libros” con Muros de aire de An Alfaya. No acto participarán Antonio García Teijeiro e An Alfaya.
Publicado o 29 Outubro, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.
Publicado o 22 Outubro, 2015 nas categorías Artigos literarios, Blogs, Narrativa
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre as últimas novelas de Manuel Seixas, An Alfaya e Antonio Tizón. Tres novelas curativas As diversas entrevistas con Manuel Seixas publicadas estes días con motivo das presentacións de Interferencias amosan o valor curativo da literatura tanto para os escritores como para os lectores.
Publicado o 16 Outubro, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya. CO SUICIDIO ARREDOR Un muro de aire é unha ferramenta cibernética que se emprega para que ninguén poida acceder ao noso computador. Nada que ver co que nos propón An Alfaya, os seus muros de aire érguense cando as personaxes chegan a algunha situación vital de difícil resolución.
Publicado o 13 Outubro, 2015 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya. Muros de aire An Alfaya realiza en Muros de aire, publicada por Xerais, unha proposta arriscada (un motivo literario ben escaso) e sae potente gañadora. Non sei que me pasa ultimamente, cústame comezar a lectura. E con esta novela sucedeume o mesmo.
Publicado o 2 Outubro, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
Ramón Nicolás publicou en La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Muros de aire, de An Alfaya.
Publicado o 29 Setembro, 2015 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre Muros de aire, de An Alfaya. OS HERMÉTICOS “MUROS DE AIRE” DE AN ALFAYA Sempre digo o mesmo, pero é verdade: estou desexando que apareza un novo libro de An Alfaya para gozar. Posiblemente goce sufrindo ou sufra gozando, pero é que esta muller escribe unha literatura da que estou namorado.
Publicado o 28 Setembro, 2015 nas categorías Blogs, Narrativa, Presentacións
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Muros de aire de An Alfaya, no Café Badía, en Vigo. Tamén o crítico Ramón Nicolás, que participou no acto, publicou en Caderno da crítica anotación sobre o acontecemento que se pode ler nesta ligazón.
Publicado o 21 Setembro, 2015 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 25 de setembro, ás 20:00 horas, no Café Badía, rúa Sanjurjo Badía, 240, en Vigo, terá lugar a presentación do libro Muros de aire de An Alfaya. No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado e An Alfaya.
Publicado o 17 Setembro, 2015 nas categorías Blogs, Fóra de Xogo, Infantil, LibroX, Narrativa, Noticias, Poesía, Sopa de Libros, Xuvenil
O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha anotación sobre as últimas novidades literarias de Xerais. Edicións Xerais: abondosa colleita para o remate do verán Aínda que non é un feito illado, desexo salientar a abondosa e variada restra de publicacións que Edicións Xerais vén de poñer a disposición do lectorado galego neste remate do verán 2015.
Publicado o 15 Setembro, 2015 nas categorías Críticas, Narrativa
El Ideal Gallego publicou unha información sobre Muros de aire, de An Alfaya. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.