Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: an_alfaya

«O aroma do liquidámbar», de An Alfaya. Crítica de Mª Jesús Fernández

A revista Clij publicou unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, un libro ilustrado por Marina Seoane. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Crueza e afecto cun halo feiticeiro: «O aroma do liquidámbar», de An Alfaya. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publica hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre sobre O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, ilustrado por Marina Seoane.

Misterio con recendos de herbas perfumadas: «O aroma do liquidámbar», de An Alfaya. Crítica de Celestino Amarante

Celestino Amarante publica en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, ilustrado por Marina Seoane.

Novidade: «O aroma do liquidámbar», de An Alfaya

O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, ilustrado por Marina Seoane, é unha das novidades de Merlín para o mes de setembro, recomendado a partir dos 9 anos. Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala para coidar da súa avoa enferma.

An Alfaya: «Quixen ser escritora e lectora». Entrevista de Camilo Franco coa autora de «Vía secundaria»

Camilo Franco publicou en La Voz de Galicia unha entrevista con An Alfaya, autora Vía secundaria, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2010. «Quixen ser escritora e lectora» A novela Vía secundaria acaba de cumprir outra etapa. Primeiro, foi gañadora do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2010 e publicada nas páxinas deste periódico e, desde hoxe, está nas librerías en formato libro.

«Vía secundaria», de An Alfaya: que facer logo de cometer un delito. Anotación de Ramón Nicolás

«Vía secundaria», de An Alfaya: que facer logo de cometer un delito. Anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog un fragmento da súa intervención na presentación de Vía secundaria, de An Alfaya, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2010. O pasado venres 28 de outubro participei na libraría Librouro, xunto con Manuel Bragado e a autora, na presentación de Vía secundaria, premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2010.

Presentación en Vigo de “Vía secundaria” de An Alfaya

O venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, rúa Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Vía secundaria de An Alfaya (Premio de Novela por entregas “La Voz de Galicia” 2010). No acto intervirán, Ramón Nicolás, Manuel Bragado e a autora.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

Manuel Rodríguez Alonso publicou unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. Pódese ler a recensión aquí.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. Cavorcos de soidade Con acenos de novela negra Por veces, un bo desenvolvemento narrativo é capaz de anular as distancias que median entre as chamadas baixa / alta literatura.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. A narración, externamente estruturada nos trinta e un capítulos preceptivos do premio, relata a historia dun atropelo nunha vía secundaria (de aí o título, tamén de forte carga simbólica) e a relación —directa ou indirecta— que tres parellas de personaxes gardan co suceso. (…) Pode lerse completa aquí.

«Unha novela por entregas»: Crítica de Vicente Araguas sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Unha novela por entregas Non lera no seu momento, nin xunta nin por separado,esta narración de An Alfaya, Vía secundaria (Xerais, Vigo 2011), gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

Dolores Vilavedra aborda «Despois da medianoite» e «Vía secundaria» no último repaso de novidades

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Pintan bastos», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados, citando a tradución dos Sonetos de Shakesperare, feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo e facendo un breve percorrido por Despois da medianoite, de Salma, e  Vía secundaria, de An Alfaya.