Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: an_alfaya

Crítica de Ramón Nicolás sobre a novela «Vía secundaria», de An Alfaya

Crítica de Ramón Nicolás sobre a novela «Vía secundaria», de An Alfaya

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio  de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011.

“Vía Secundaria” de An Alfaya

La Voz de Galicia faise eco da aparición de Vía secundaria, a obra de An Alfaya gañadora do Premio  de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2011. Xerais vén de publicar Vía secundaria, a novela de An Alfaya que o ano pasado foi a gañadora do décimo Premio de Novela por entregas de La Voz.

Crítica sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O Atlántico Diario publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya. En Edición Xerais de Galicia, narrativa, 102 páxinas.

Ramón Nicolás repasa no «Breviario» algúns dos últimos títulos publicados por Xerais

Ramón Nicolás repasa no seu Breviario de Biblos algúns dos últimos títulos publicados por Xerais: 1. Entrevístase neste número de Biblos. Clube de Lectores a Agustín Fernández Paz e, en boa lóxica, ocupa moita atención nela o seu último libro: Non hai noite tan longa.

A novela «Vía secundaria», de An Alfaya, Premio de Novela por entregas La Voz de Galicia 2010, é unha das novidades do mes de xullo

Vía secundaria, a novela de An Alfaya que foi Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2010, é unha das novidades da colección Narrativa do mes de xullo. Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortunado incidente marcará un punto de inflexión nas vidas das persoas que participan no suceso até situalas nunha calella con poucas saídas.

Premios Xerais 2011, as entrevistas a gañadores, membros do xurado e participantes

Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante. Eis a relación e os seus enlaces: Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela por Extramunde.

An Alfaya, entrevista nos Premios Xerais 2011

«Quéroche contar un conto», recensión crítica de Ramón Nicolás

«Quéroche contar un conto», recensión crítica de Ramón Nicolás

No seu blog Caderno da crítica, Ramón Nicolás publica unha recensión crítica sobre o libro Quéroche contar un conto, libro no que se recollen relatos de An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos, cedidos, por motivos solidarios a ASPANAEX.

Presentación de «Quéroche contar un conto», editado por Xerais e Aspanaex

Presentación de «Quéroche contar un conto», editado por Xerais e Aspanaex

O vindeiro sábado 11 de decembro terá lugar a presentación do libro Quéroche contar un conto, libro no que participan  An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos. A presentación, organizada por Aspanaex e, no seu nome, o presidente desa entidade, José Manuel Carballo Cabezas, terá lugar ás 12 horas do sábado no MARCO (Príncipe 54), en Vigo. Posteriormente servirase un cóctel.

«Quéroche contar un conto», un libro de Xerais e Aspanaex

Quéroche contar un conto é unha publicación de Xerais e colaboración con Aspanaex ((Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra) que acaba de chegar a todas as librarías.

An Alfaya gañadora do Premio “La Voz de Galicia” de novela por entregas

Expresamos os nosos maiores parabéns a An Alfaya que coa novela Vía secundaria resultou gañadora da Xª edición do Premio La Voz de Galicia de novela por entregas. Con este novo galardón, An Alfaya consolida unha das traxectorias máis sólidas e aclamadas da actual narrativa galega. Aconsellamos seguir, a partir do primeiro de agosto, as 31 entregas desta prometedora novela.

«Ler é sexy» por Dolores Vilavedra

Por se non o sabían. Ademais de moitas outras cousas, todas elas moi louvables, ler é sexy. Graciñas a Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de novela 2010, por lembrárnolo na camiseta que vestía cando recolleu o galardón. Unha ás veces esquece ese tipo de obviedades, sobre todo nos tempos que corren.