Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ana_ojea

Presentación en Vigo de “Cobiza” de María Reimóndez

O venres 26 de febreiro ás 20:00 horas, no Salón de Actos do MARCO, rúa do Príncipe 54 de Vigo, terá lugar a charla-coloquio “Distopía, feminismos e subversións” unha conversa arredor da novela Cobiza de María Reimóndez. Neste acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Eva Mejuto (escritora e xestora cultural), Anxos Rial (docente; membro do xurado do Premio Pinto e Maragota) e María Reimóndez.

Conversa a redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez

O sábado 11 de xaneiro ás 12:30 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar unha conversa ao redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez. No acto participarán Éric Dopazo, músico e transactivista; Ana Ojea, docente, activista e titora LGBTIQ+ no Instituto Politécnico de Vigo e María Reimóndez. Haberá vermú e petiscos.