Publicado o 27 Novembro, 2020 nas categorías Premios_Xerais
A situación provocada pola pandemia de COVID-19 levou a retrasar o fallo dos Premios Xerais 2020 ao mes de decembro. Os libros gañadores dos tres premios chegarán ás librarías no mes de abril de 2021.
Os xurados declararán as obras finalistas, de entre as 121 obras presentadas, na súa primeira reunión que se celebrará o venres 11 de decembro. Os premios coñeceranse o venres 18 de decembro.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2020 nas categorías Cómic, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Rocío García sobre os libros: A media hora dos heroes e Campións do mundo, de El Hematocrítico, publicados por Xerais na colección: Merlín.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 15 Setembro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre os libros: A media hora dos heroes, e Campións do mundo, de El Hematocrítico, publicados por Xerais.
A media hora dos heroes, e Campións do mundo, de El Hematocrítico
Como cada publicación de El Hematocrítico, un acerto.
Ler máis →
Publicado o 31 Xullo, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.
Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico
Falar de El Hematocrítico é falar de calidade na literatura infantil. Agora temos en Xerais Alcaldesa Vermella, con ilustracións de Mar Vilar.
Ler máis →
Publicado o 7 Xullo, 2020 nas categorías Cómic, Críticas, Infantil, Lectura, Merlín, Televisión, Xuvenil
Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura dos libros: A media hora dos heroes, e Campións do mundo, dúas publicacións que forman parte da colección de contos titulada: Lendas do recreo, de El Hematocrítico, con ilustracións de Albert Monteys.
A recomendación pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 25 Xuño, 2020 nas categorías Cómic, Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Campións do mundo, de El Hematocrítico, con ilustracións de Albert Monteys, é unha novidade da colección Merlín – Cómics de Xerais.
Os compoñentes de «Lendas do recreo» pasan un tempo entretido xogando ás escondidas. Non esperaban que un descoñecido interrompese a súa diversión asegurando que é o campión do mundo deste xogo.
Ler máis →
Publicado o 23 Xuño, 2020 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico, con ilustracións de Mar Villar, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais.
Un misterioso personaxe chegou á fraga. Axiña corre o rumor de que é o mesmísimo xenio da lámpada marabillosa, así que os habitantes do lugar deciden reunirse para facer unha listaxe de peticións.
Ler máis →
Publicado o 22 Xuño, 2020 nas categorías Cómic, Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
A media hora dos heroes, de El Hematocrítico, con ilustracións de Albert Monteys, é unha novidade da colección Merlín – Cómics de Xerais.
Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigaron sen fútbol no recreo o resto da semana.
Ler máis →
Publicado o 9 Xuño, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Ei, superavó!, de Paul McCartney, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.
‘Ei, superavó!’, de Paul McCartney
Unha sorpresa das novidades de Xerais da reentrada da pandemia é Ei, superavó!, un álbum ilustrado por Kathryn Durst e escrito por Paul McCartney.
Ler máis →
Publicado o 2 Xuño, 2020 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Ei, superavó!, de Paul McCartney, con ilustracións de Kathryn Durst e tradución de Anaír Rodríguez, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais.
O avó é un aventureiro que sabe facer cousas incribles… Queres coñecelo? Co seu compás máxico, leva os seus netos e netas a vivir trepidantes aventuras.
Ler máis →
Publicado o 29 Maio, 2020 nas categorías Catálogos, Infantil, Lectura, Xuvenil
Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publica unha información sobre os libros galegos incluidos na Lista de Honra 2019 da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantl e Xuvenil).
Ler máis →
Publicado o 23 Abril, 2020 nas categorías Lectura, Redes sociais
Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).
Ler máis →