Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_garcía_teijeiro

Unha fábula que fai fincapé na importancia de asumir as consecuencias dos nosos actos: «Quokka Moka», de María Solar. Anotación de Alba Piñeiro en «Versos e Aloumiños»

A escritora Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, unha anotación sobre o libro: Quokka Moka, escrito por María Solar e ilustrado por Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha guía maravillosa para valorar as obras da literatura infantil e xuvenil cun criterio crítico e de calidade: «Da Carapuchiña ao señor Lamote». Presentación de Chus Pereiro en «Versos e aloumiños»

O blog Versos e Aloumiños recolleu o texto que Chus Pereiro escribiu e leu na presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire, publicado por Xerais na sección LibroX.   «Da Carapuchiña ao señor Lamote», de Miguel Vázquez Freire   Dá gusto escoitar a Chus Pereiro. Mestra de E.P. leva ben anos arredor do mundo da lectura, da literatura e do teatro.

Un poemario a cabalo entre o libro e o álbum ilustrado: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Raquel Senra Fernández sobre o libro: Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Todo un clásico dentro da literatura galega: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Antón García-Fernández en «Versos e aloumiños»

Antón García-Fernández publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas. O libro gañou o Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Antonio García Teijeiro: «Este libro é un poemario alegre, optimista, onde a musicalidade xoga un papel importante». Anotación no xornal «Faro de Vigo» sobre: «Vento, ventiño, venteiro»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo no que o escritor Antonio García Teijeiro reflexiona sobre o seu novo libro, Vento, ventiño, venteiro, ilustrado por María Lires e publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Uns poemas nos que o vento percorre diferentes ambientes e mundos

Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires, é unha novidade da colección Sopa de Libros de Xerais. Nestes poemas escóitase o vento que percorre diferentes ambientes e mundos: o mar, o sol e as estrelas, as follas das árbores, as flores e as abellas, os nenos e as nenas.

Antonio García Teijeiro: «Estou moi orgulloso de dedicarme principalmente á literatura infantil e xuvenil». Entrevista no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Antonio García Teijeiro, na que fala sobre o libro: Poemar o mar, co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un fermoso alegato dos beneficios da lectura como detonante antibélico: «Lúa en ningures», de Beatriz Maceda. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Lúa en ningures, de Beatriz Maceda, ilustrado por Laura Veleiro. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha novela de silencios profundos que nos engaiolará: «Memoria do silencio», de Eva Mejuto. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Memoria do silencio, de Eva Mejuto. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Fóra de Xogo.

Presentación en Vigo de “Memoria do silencio” de Eva Mejuto

O mércores 20 de febreiro de 2019 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación do libro Memoria do silencio de Eva Mejuto. A compañarán á autora Antonio García Teijeiro, Guillermo Touza e Su Garrido que interpretará varias pezas musicais.

«Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro, entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos.

O libro Poemar o mar, do que é autor o escritor Antonio García Teijeiro, ilustrado por Xan López, está entre os vinte mellores libros en español do último ano, segundo a selección literaria da Fundación Cuatrogatos, que concede premios anuais ás mellores obras. O libro gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017 e está publicado por Xerais na colección Merlín.

Presentación en Vigo de “Paseniño, paseniño” de Antonio García Teijeiro

O mércores 14 de novembro de 2018 ás 20:00 h. na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro Paseniño, paseniño de Antonio García Teijeiro con ilustracións de Marcos Viso. No acto participarán Xavier Estévez, Marcos Viso, Antonio García Teijeiro e Manuel Bragado.