Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_garcía_teijeiro

Unha historia que emociona a grandes e a pequenos. «As peripecias de Extravaganzza Pérez», de Ledicia Costas. Anotación de Alba Piñeiro en «Versos e Aloumiños»

A escritora Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños, que dirixe Antonio García Teijeiro, unha anotación sobre o libro infantil e xuvenil As peripecias de Extravaganzza Pérez, escrito por Ledicia Costas e ilustrado por Óscar Villán. O libro está publicado por Xerais na colección infantil e xuvenil Sopa de Libros.

Dous autores que lle dan a man a Rosalía para percorrer novos camiños. «Paseniño, paseniño», de Antonio GarcíaTeijeiro. Anotación no xornal El Progreso

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro de poemas: Paseniño, paseniño, do que é autor Antonio García Teijeiro, con ilustracións de Marcos Viso. O libro pertence á colección infantil e xuvenil Pequeno Merlín, de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas e Antonio García Teijeiro falaron sobre: «A balada dos unicornios» e «Paseniño, paseniño» no «ZigZag Fin de Semana»

O programa ZigZag Fin de Semana da TVG emitiu unha entrevista da xornalista María Solar aos escritores Ledicia Costas, que falou sobre o seu libro: A balada dos Unicornios, gañador do Premio Lazarillo 2017; e Antonio García Teijeiro, que respondeu a preguntas sobre o seu libro de poemas: Paseniño, paseniño, editados os dous por Xerais. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Deses libros que dá gusto mirar, ollar e volver a el para relelo de cando en vez: «Paseniño, paseniño», de Antonio Díaz Teijeiro. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Marcos Viso.

Antonio García Teijeiro: «Este libro é unha homenaxe máis que merecida, e por suposto necesaria, a Rosalía». Entrevista no «Diario Cultural» sobre: «Paseniño, Paseniño»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista ao escritor Antonio García Teijeiro sobre o poemario infantil: Paseniño, Paseniño,  ilustrado por Marcos Viso. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón, concretamente nos minutos 03´15 a 14´15.

Novidade: «Paseniño, paseniño», de Antonio García Teijeiro. O rastro das pegadas que Rosalía de Castro deitou sobre as palabras, a natureza e o amor

Paseniño, paseniño, de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Marcos Viso, é unha novidade da colección de infantil e xuvenil Pequeno Merlín. Coa sutileza con que se desprazan as aves no aire, os poemas de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, dialogan neste álbum coas excepcionais ilustracións de Marcos Viso.

Entrega do diploma da «Lista de Honra do IBBY 2018» a «Lendo lendas, digo versos», de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa

O libro Lendo lendas, digo versos de Antonio García Teijeiro e Antonio Reigosa, con ilustracións de Xosé Cobas, recibiu o diploma que acredita a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY no ano 2018. O acto de entrega tivo lugar no marco do 36º Congreso Mundial do IBBY, celebrado en Atenas do 30 de agosto ao 1 de setembro pasados.

A palabra acada unha nova dimensión para explicar silencios que queren deixar de ser crueis para facer máis auténtico o ser humano: «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras. Crítica de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a novela O que sei do silencio, de Andrea Maceiras, finalista do premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017.   «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras Estiven ata  ben entrada a madrugada para rematar unha historia que me seduciu moito. Non fun quen de abandonala ata que acabei a derradeira liña, a derradeira páxina.

«María Victoria Moreno amaba fondamente a poesía e esta formou parte da súa esencia como persoa e como escritora.» Anotación de Antonio García Teijeiro en «Versos e Aloumiños»

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a faceta poética de María Victoria Moreno, autora homenaxeada no Días das Letras Galegas 2018, centrada na obra Mar adiante.

Un excelente testemuño do que a poesía para nenos pode chegar a dar de si: Juan Senís escribe no blog Dulce Pepinillo sobre «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro

O blog Versos e Aloumiños recolle unha entrada doutro blog literario, Dulce Pepinillo, do escritor asturiano Juan Senís, sobre Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro.   De cando en vez, un atopa en internet cousas que lle producen unha grande alegría. Isto ocorreu hai uns días cunha crítica a fondo do meu poemario Poemar o mar.

«Ledicia e Antonio, Vigueses Distinguidos», por Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo sobre o nomeamento da escritora Ledicia Costas e do poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos.

A escritora Ledicia Costas e o poeta Antonio García Teijeiro serán nomeados vigueses distinguidos

O alcalde de Vigo acordou onte propoñer á escritora Ledicia Costas e ao poeta Antonio García Teijeiro, como vigueses distinguidos, proposta que será trasladada ao pleno do vindiero luns 26 de marzo.