Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_manuel_fraga

Antonio Manuel Fraga: «Con este libro tratei de afastarme dos camiños que normalmente transitaba na miña obra». Entrevista no xornal «La Opinión» sobre: «Santoamaro»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Ana Carro ao escritor Antonio Manuel Fraga sobre o libro: Santoamaro, gañador do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020 de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

María Marco por «Coidadora», Antonio Manuel Fraga por «santoamaro» e Andrea Maceiras por «A folla azul», Premios Xerais 2020

    En Vigo, o venres 18 de decembro de 2020, anunciouse o ditame da XXXVIIª edición do Premio Xerais de Novela, a XIIª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, os tres premios dotados con 10.000 euros cada un.

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Xerais oferta nove ebooks a prezo especial

Xerais seleccionou nove títulos para todos os públicos e de temática variada para ofertar a prezo especial varios dos seus ebooks. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Programación de Xerais para os últimos días da Feira do Libro da Coruña

Día 9 de agosto, venres 19:45 horas: Presentación de Lúa en Ningures de Beatriz Maceda. Participan Eli Ríos, Antonio Manuel Fraga e a autora. Ao remate sinatura de exemplares.   Día 10 de agosto, sábado 13:00 horas: Presentación, en Viñetas desde o Atlántico, da convocatoria do I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, que publica Xerais.

Programa de Xerais na Feira do Libro da Coruña 2019

Do 1 ao 11 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña na que Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 1 de agosto, xoves 19:00 horas: Presentación de Quokka Moka de María Solar con ilustracións de Víctor Rivas. Participan Víctor Rivas e María Solar. Ao remate sinatura ilustrada. 19:45 horas:  Conversa entre Érica Esmorís, Quen salva un can e Andrea Maceiras, Conta nove estrelas, Premio Lazarillo 2018.

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”

Aparece a “Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria 2019”.

Presentación na Coruña de “Infamia” de Ledicia Costas

O luns 10 de xuño ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Infamia de Ledicia Costas. No acto intervirán Antonio Manuel Fraga, Fran Alonso e Ledicia Costas.

Unha novela tecida cos fíos de historias moi diferentes. «Tártarus», de Antonio Manuel Fraga. Crítica na revista on line «El templo de las mil puertas»

A revista on-line de literatura infantil e xuvenil «El templo de las mil puertas» vén de publicar unha recensión sobre a novela: Tártarus, de Antonio Manuel Fraga   Crítica de «Tártarus» (Antonio Manuel Fraga, Xerais)   La ciudad de Audierna está dividida entre ricos (güedos) y pobres (mallumás), dos comunidades separadas no solo geográficamente, sino también por el odio y la discriminación.

«A Xeración da Esperanza acada a súa madurez e plenitude.» Anotación en Brétemas sobre a presentación de «As peripecias de Extravaganzza Pérez» e «Escaquis e Romeu»

Manuel Bragado publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación conxunta en Vigo de Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas.

Presentación en Vigo de “Escaquis e Romeu” de Antonio M. Fraga e “As peripecias de Extravaganzza Pérez” de Ledicia Costas

O venres 4 de maio de 2018 ás 20:00 horas, na librería Librouro, Eduardo Iglesias, 12, Vigo, terá lugar a presentación de Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga e As peripecias de Extravaganzza Pérez de Ledicia Costas. No acto participarán Antonio Manuel Fraga, Ledicia Costas e Manuel Bragado.