Publicado o 21 Xaneiro, 2021 nas categorías Narrativa, Noticias
O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre a adaptación ao formato podcast do libro: Un home estraño, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 8 Xaneiro, 2021 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Radio
Os incurábeis, de Antonio Tizón, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Carlos Aguado e Eva Mazás, ademais do autor. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.
A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 28 Decembro, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Os incurábeis de Antonio Tizón, publicada por Xerais na colección Narrativa.
A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 18 Decembro, 2020 nas categorías Narrativa, Noticias, Radio
O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación sobre a adaptación ao podcast para radio do libro: Un home estraño, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”.
Ler máis →
Publicado o 9 Decembro, 2020 nas categorías Narrativa, Radio
Radio Fene (Radiofusión) emitirá os días 15 a 30 de decembro de 2020, ás 10.00 e ás 14.30 horas, o podcast: Un home estraño baseado na novela de Antonio Tizón, con guión do mesmo autor. O libro acadou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira e foi publicado por Xerais en 2018.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Os incurábeis, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 24 Novembro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Os incurábeis, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 21 Outubro, 2020 nas categorías Narrativa, Novidades
Os incurábeis, de Antonio Tizón, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais.
«Recordo que cando cheguei ao lugar do crime pensei que todo o mundo se volvera tolo». Así comeza esta historia de morte, paixón e loucura.
Nunha noite de 2001, unha prostituta aparece asasinada no barrio coruñés dos Castros. A muller morreu desangrada e coa marca dos cairos na gorxa.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2020 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Merlín, Narrativa, Poesía, Sinatura
Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:
Sábado, 1 de agosto
18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías
18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona
19:00 h.: Arancha Nogueira asinará Dente de leite.
20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra.
21:00 h.
Ler máis →
Publicado o 8 Xuño, 2020 nas categorías Narrativa, Radio, Teatro
Dende o 1 de xuño, Radio Fene está emitindo o serial radiofónico titulado “O caso de Gustavo Gallego”. Este serial, que consta de doce capítulos, está guionizado por Antonio Tizón a partir da súa novela A antesala luminosa e realizado polo grupo de teatro afeccionado “A Tenencia”, dirixido por Eugenia Sanmartín.
Os capítulos emitidos poden escoitarse en Radiofusión á carta:
https://www.radiofusion.
Ler máis →
Publicado o 16 Maio, 2019 nas categorías Narrativa, Presentacións
O mércores 22 de maio, ás 19:30 h., na libraría Biblos, rúa Santiago, 4, Betanzos, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón.
O acto contará coa participación de Cándido Barral e Antonio Tizón e será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.
Ler máis →
Publicado o 6 Maio, 2019 nas categorías Narrativa, Presentacións
O xoves 9 de maio, ás 19:00 h., na libraría Trama, Avenida da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón.
O acto, que contará coa participación de Manuel Bragado e Antonio Tizón, será aderezado coa actuación musical de Sheila Patricia.
Ler máis →