Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_tizón

Presentación en Ourense de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O mércores, 20 de xuño, ás 19:15 horas, no Café El Cercano, rúa Cardenal Quevedo, 20, Ourense, terá lugar a presentación do libro Un home estraño de Antonio Tizón. No acto participarán Antonio Tizón e Manuel Bragado.

«Sen piedade», «Principio de incerteza» e «Un home estraño», entre as recomendacións literarias do crítico Ramón Nicolás para este verán

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha listaxe das lecturas por el recomendadas para este verán.                       Entre as obras recomendadas figuran os seguintes libros de Xerais: Sen piedade de Pedro Feijoo.

Antonio Tizón: «Nesta segunda entrega mesturo elementos típicos da novela negra co marco histórico da Transición e o trasfondo da enfermidade mental.» Entrevista no «Diario Cultural» sobre «Un home estraño»

O programa Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Antonio Tizón sobre a súa última novela, Un home estraño. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

«Esta historia nace do profundo impacto que me causou a mirada dun vagabundo hai máis de corenta anos.» Presentación na Coruña de «Un home estraño», de Antonio Tizón

  Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Bergantiños publicaron unha información sobre a presentación na Coruña da novela Un home estraño, de Antonio Tizón. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«A Transición non foi para nada pacífica; foi, pola contra, unha etapa violenta e convulsa.» Anotación de Manuel Bragado en Brétemas sobre a novela de Antonio Tizón «Un home estraño»

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación na Coruña da novela Un home estraño, de Antonio Tizón, premio Cidade Centenaria de Ribeira 2017.

«Esta novela empecei a escribila hai corenta anos.» Entrevista a Antonio Tizón en «La Opinión» pola publicación de «Un home estraño»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Alicia Pardo ao escritor Antonio Tizón pola publicación da novela Un home estraño, premio Cidade Centenaria de Ribeira 2017. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O xoves, 10 de maio, ás 20:00 h., no Salón de Actos da Delegación Territorial O.N.C.E.

Novidade: «Un home estraño», de Antonio Tizón. Tras «A antesala luminosa», nova entrega da serie protagonizada polo policía Xosé Sánchez Pereiro

A novela Un home estraño, de Antonio Tizón, é unha novidade de Xerais Narrativa. VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira” O inspector de segunda, Xosé Sánchez Pereiro, enfróntase ao primeiro caso importante da súa carreira: o crime de Manuel Ferro Filgueira, un arquitecto que traballa no Concello da Coruña, presidido entón por Domingos Merino.

Antonio Tizón: «Esta novela está dedicada á xente que naceu a partir dos anos 80 que non ten memoria histórica deses anos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista ao escritor Antonio Tizón sobre a súa novela Un home estraño, Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Ribeira de “Un home estraño” de Antonio Tizón

O venres 20 de abril, ás 20:30 horas, na casa do Concello de Ribeira, terá lugar a presentación da novela Un home estraño de Antonio Tizón, obra gañadora do VI Premio de Novela Curta ”Cidade Centenaria de Riveira”.

Feira do Libro de Ribeira 2017. Actos de Xerais

Do 22 ao 25 de xuño terá lugar a Feira do Libro de Ribeira 2017 na que Xerais ten os seguintes actos: Día 24 de xuño, sábado 20:00 h.

A novela «Un home estraño», de Antonio Tizón, Premio Cidade Centenaria

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a entrega do Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira ao escritor Antonio Tizón pola súa novela Un home estraño.     «Un home estraño», de Antonio Tizón, Premio Cidade Centenaria Asistimos onte a entrega do Premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira outorgado nesta sexta edición a Antonio Tizón por Un home estraño.