Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: antonio_tizón

Antonio Tizón: «Utilizo a novela negra como coartada para tratar os temas que realmente me interesan, como a loucura»

La Opinión de A Coruña publicou unha entrevista de José Manuel Gutiérrez co escritor Antonio Tizón sobre a súa novela A antesala luminosa.     Antonio Tizón Autor de ‘A antesala luminosa’, novela ambientada na Coruña «A novela negra é tamén unha forma de retratar unha sociedade corrupta» «Eu son bipolar, pero isto non é un manual de autoaxuda para bipolares escrito por un bipolar.

Novidade: »A antesala luminosa», de Antonio Tizón. Unha novela negra ambientada na Coruña

A antesala luminosa, de Antonio Tizón, é unha novidade da colección Narrativa. O inspector Sánchez investiga a identidade de dous cadáveres calcinados que aparecen nas inmediacións da praia coruñesa do Matadoiro en plena madrugada de San Xoán do ano 2000. Axiña descobre que un deles pode ser Gustavo Gallego, un curmán do comisario, a quen se lle encomenda a misión de atopar o seu familiar desaparecido.

Presentación de “A antesala luminosa” de Antonio Tizón na Coruña

O mércores, 4 de febreiro, ás 20,00 h., no Local de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22, Cidade Vella da Coruña, terá lugar a presentación do libro A antesala luminosa de Antonio Tizón. No acto, organizado coa colaboración de  Amigos dos Museos de Galicia, participarán  Juan Carlos Díaz del Valle, Cándido Barral, Rosalía Cotelo, Manuel Bragado e Antonio Tizón.