Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ánxel_vázquez_de_la_cruz

Ánxel Vázquez de la Cruz e Manuel Rivas: dous autores que me prestan. Artigo de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou en El Correo Gallego un artigo sobre dous libros e autores relacionados: Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, e Todo é silencio, de Manuel Rivas.   Dous autores que me prestan Dicíame un amigo escritor o pouco doado que é no mundiño literario atopar autores dispostos a falar ben dos colegas. A facelo sen reservas, que coa boca pequena calquera o fai.

Artigo de Rubén Eyré sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Artigo de Rubén Eyré sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Rubén Eyré publicou un artigo de opinión sobre Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, en La Voz de Galicia. Ao amparo das robustas pólas desta devesa, rematei o libro Luz de Tebra. Trátase dunha ducia de suxestivos relatos cuxo autor é Ánxel Vázquez de la Cruz, médico de profesión. A obra publicouna Edicións Xerais, ten prólogo de Manuel Rivas e está apadriñada por Eduardo Galeano.

«O coitelo en Novembro» de Marilar Aleixandre e «Luz de Tebra» de Vázquez de la Cruz, recomendadas

O Nadal trouxo a recomendación de lectura de varios libros de Xerais. Entre eles, nas páxinas de La Voz de Galicia, recomendouse a lectura de O coitelo en Novembro, de Marilar Aleixandre, recensionado por Ana Abelenda, así como de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, recensionada por Sandra Faginas.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

O crítico Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz. Reproducímola integramente: Lin este pasado verán, animado polas palabras entusiastas dun amigo, Luz de tebra.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Crítica de Vicente Araguas sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz

Vicente Araguas publicou onte domingo en El Ideal Gallego unha recensión crítica sobre Luz de Tebra, a novela do médico Ánxel Vázquez de la Cruz que Xerais acaba de reeditar. Reproducimos unha parágrafo da recensión: «Porque en Vázquez de la Cruz hai un escritor (que ademais é médico). E non un médico ao que lle dera por escribir un, polo demais, gustoso anecdotario, que mesmo insire o chiste da pescada e o seu virgo.

«Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Ourense

«Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Ourense

O vindeiro venres, 19 de novembro, ás 20,00 horas na na Sala de Tertulia do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal 5), presentarase Luz de Tebra, o primeiro libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz. Acompañarán ao autor Javier Casares e o editor Manuel Bragado.

Crítica de Manuel Sánchez Salorio sobre «Luz de Tebra» e a seducción que exerce

Crítica de Manuel Sánchez Salorio sobre «Luz de Tebra» e a seducción que exerce

Manuel Sánchez Salorio publicou no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha longa recensión crítica sobre Luz de Tebra, a novela de Ánxel Vázquez de la Cruz que está a sorprender notablemente no ámbito da crítica literaria. A recensión pode lerse íntegra en pdf. Resaltamos algúns parágrafos: E ¿quen é Ánxel Vázquez de la Cruz? Pois é un tipo que anda por aí levando sempre nos beizos unha historia que contar.

Crítica sobre de Xosé Manuel Eyré sobre «Luz de Tebra» en A Nosa Terra

Crítica sobre de Xosé Manuel Eyré sobre «Luz de Tebra» en A Nosa Terra

A Nosa Terra publica hoxe a crítica sobre Luz de Tebra, do médico e escritor Ánxel Vázquez de la Cruz, que Xosé Manuel Eyré dera a coñecer a través do seu blog. Nela fala do libro de Vázquez de la Cruz como o descubrimento literario do ano. A crítica pode lerse na sección de libros de A Nosa Terra.

A Libreira organiza un Vermú literario sobre «Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, para o sábado

A Libreira (Rúa Luís Seoane 2, O Temple) organiza para o próximo sábado 13 de novembro un Vermú Literaraio en torno ao libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz. Durante o acto, que terá lugar sobre a unha e media da tarde, haberá un encontro co autor para celebrar a saída da segunda edición do libro. En palabras da Libreira, «estaremos encantados de compartir con vós, para apoiar e complacernos na narrativa galega.

Boa acollida para as últimas novidades de Narrativa de Xerais, que entran na súa 2ª edición

As últimas novidades publicadas por Xerais en Narrativa están tendo unha boa acollida por parte dos lectores e lectoras e, de feito, entraron xa na súa segunda edición as novelas Denso recendo a salgado, de Manuel Portas; O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga; e Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; así como o libro de relatos Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz.

«Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Compostela

«Luz de Tebra», de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Compostela

O vindeiro xoves 11 de novembro, ás 20,00 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina e Ondontoloxía da USC, presentarase Luz de Tebra, o libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz. Acompañarán ao autor Xosé María Fraga, Manuel Sánchez Salorio, Dolores Vilavedra e o editor Manuel Bragado.

«Luz de Tebra»: a grande sorpresa; crítica de Xosé Manuel Eyré

«Luz de Tebra»: a grande sorpresa; crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publica hoxe no seu blog unha recensión crítica sobre Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, sinalando que se trata da grande sorpresa do panorama literario galego.