Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: arume_dos_piñeiros

Crítica de Manuel Candelas sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Crítica de Manuel Candelas sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Manuel Candelas publica no seu blog, Arume dos piñeiros, unha recensión crítica sobre Periferia, a novela de Iolanda Zuñiga que foi Premio Xerais de Novela 2010. A recensión crítica remata con estas palabras: «Eu, con esta Periferia, coloquei xa a Iolanda Zúñiga no máis alto da literatura galega. A ver se cunde o exemplo deste volcán literario que temos aquí diante».

«Todo é silencio», crítica de Manuel Candelas no blog Arume dos Piñeiros

Manuel Candelas publica no seu blog Arume dos Piñeiros unha crítica de Todo é silencio. Recollemos apenas un dos parágrafos dun texto no que se analiza moi polo miúdo o texto recente de Manuel Rivas: Esta novela de Rivas Todo é silencio (cuxo título rememora o verso rosaliano) tampouco defrauda esa determinación previa.

Premios Xerais 2010 nos blogs, redes sociais e galerías de fotos

Ademais da retransmisión en directo da cerimonia de entrega dos Premios Xerais e as tuitadas realizadas por algúns asistentes, os blogs recollen noticias e valoracións da cerimonia: «Dúas mulleres, Premios Xerais 2010» (Trafegando ronseis) «Iolanda Zúñiga e Teresa González, Premios Xerais 2010» (Imos Indo) «Crónica de San Simón e unha denuncia» (Ferradura en tránsito, X.M.

«”Settecento”: novela bizantina»

Settecento é unha Fraga. A imaxe proxectada sobre Venezia como un bosque invertido (“sterminata foresta capovolta, stai passeggiando sopra un incredibile bosco alla rovescia”), xa que está sostida por milleiros de piares de madeira submerxidos, mineralizados, tamén vale para este libro de Calveiro.

«Unha historia que non vou contar», crítica de Arume dos Piñeiros

Non o lera antes. Sabía apenas da súa existencia polas portadas dos libros e polos comentarios que de cando en vez xurdían na conversa. Pero nunca lera nada de Cid Cabido, antes ca proceder eu a lectura vertixinosa do seu último Unha historia que non vou a contar. Por iso, pido desculpas polo comentario exento desta novela, sen ter en consideración anteriores mostras da súa traxectoria.

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Son moi numerosas as crónicas, anotacións ou fotografías publicadas nos blogs e nos perfís de Facebook sobre o serán dos Premios Xerais 2009. A todos os blogueiros e blogueiras agradecemos o seu agarimo.

“Festina lente”, nova crítica, Arume dos Piñeiros

“Festina lente”, nova crítica, Arume dos Piñeiros

Reproducimos o parágrafo que pecha a interesante crítica que, sobre Festina lente , publica no seu blog “Arume dos Piñeiros“. “Festina lente devórase a modo e, ao tempo, deleita a ritmo trepidante. A áncora retén ao lector desexoso de non rematar a historia e o golfiño empúrrao ao final, interesado, intrigado coa vida de Ambrosio Cavaleiro e a dos seus libros.