Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_palabras_do_silencio

Presentación de “As palabras do silencio” de Ánxela Gracián en Compostela

O xoves, 14 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do libro As palabras do silencio de Ánxela Gracián. O acto contará coa participación de Manuel Bragado,  Ánxela Gracián,  e os chineses Ye Wang e Lu Xu que farán unha dramatización da lenda orixinal do Qu Xi en chinés e galego.

O amor nunha fermosa lenda oriental: «As palabras do silencio», de Ánxela Gracián. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre As palabras do silencio, de Ánxela Gracián.

Luminosa e emotiva: «As palabras do silencio», de Ánxela Gracián. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no seu blog Criticalia unha recensión crítica sobre As palabras do silencio, de Ánxela Gracián. A tradutora e narradora Ánxela Gracián ten novo libro nos andeis das librerías de noso: As palabras do silencio, un volume acubillado na prestixiosa colección Merlín de Edicións Xerais que se acompaña das ilustracións do debuxante ourensán Dani Padrón.

Novidade: «As palabras do silencio», de Ánxela Gracián. Unha historia de amor

As palabras do silencio, de Ánxela Gracián, é unha das novidades da colección Merlín. Este relato recrea a Noite de San Valentín chinesa, tamén coñecida como Qixi, A Noite dos Sete ou Festival da Pega, paxaro que a autora decidiu simbolizar na Rula, tan da nosa tradición amorosa.