Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_pombas_de_bastián

Compartir soños é posible: «As pombas de Bastián», de María Canosa e Noemí López. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección: Merlín.   As pombas de Bastián, de María Canosa e Noemí López   María Canosa escribe con extrema sensibilidade As pombas de Bastián, publicado por Xerais con ilustracións de Noemí López.

«As pombas de Bastián», o novo de María Canosa. Anotación no xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha anotación sobre o libro: As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección: Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «As pombas de Bastián», de María Canosa e Noemí López: Minia entabla unha fermosa amizade con Bastián, un home que todos os días lles dá de comer ás pombas da rúa

As pombas de Bastián, de María Canosa, con ilustracións de Noemí López, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir.