Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: as_uvas_na_solaina

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

No seo da cea anual organizada en Santiago por AELG foron entregados os premios AELG á mellor produción literaria do ano 2008. Entre as numerosas obras finalistas editadas por Xerais, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas, resultou o gañador na categoría do mellor libro infantil e xuvenil.