Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: asociación_cultural_o_galo

Presentación en Santiago de “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón

O martes, 16 de maio, ás 20:30 horas, na libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55, Santiago, terá lugar a presentación de Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. No acto, organizado pola Asociación Cultura O Galo e Xerais, participarán Marcos Maceira e Carlos Callón.

Presentación de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez en Santiago

O mércores, 22 de abril, ás 20:30 horas, no Espazo Enocultural “Vide-Vide”, rúa Fonte de Santo Antonio, 10 de Compostela, terá lugar a presentación do libro Cuarto minguante de Bautista Álvarez. No acto, organizado pola Agrupación Cultural O Galo coa colaboración da Fundación Bautista Álvarez e Xerais, participarán Mónica Places (responsable de talleres de escritura da Agrupación Cultural o Galo) e o autor.

Presentación en Santiago de “Cuarto minguante” de Bautista Álvarez

Debido a enfermidade do autor, suspéndese esta presentación. Desculpen as molestias.

Presentación en Santiago de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O venres 31 de outubro Xurxo Souto presentará no local da Troita Armada, nunha actividade organizada en colaboración coa Asociación Cultural “ O Galo”, o seu libro Contos do mar de Irlanda, ás 20.30 horas. Nun ambiente recollido teremos ocasión de disfrutar das súas historias, cantar un pouco e e ao final compartiremos uns pinchos con receitas e produtos dos nosos mares.

Presentación en Santiago de “Caderno do Nilo” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación de Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto, organizado pola Asociación Cultural O Galo, a libraría Pedreira e Xerais, participarán Berta Dávila, Carlos Negro, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Compostela de «Para unha crítica do españolismo» de Camilo Nogueira

Galicia Confidencial publica unha información sobre a presentación, esta tarde, do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, organizado pola Asociación Cultural O Galo.     Nogueira presenta «Para unha crítica do españolismo» O ex-eurodeputado estará acompañado por Néstor Rego, líder da UPG e presidente da agrupación cultural o Galo.

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Compostela

O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar na Feira do Libro de Compostela a presentación do libro de Carlos Callón En Castellano no hay problema. Noa cto acompañarán ao autor Caetano Díaz (director de Galicia hoxe), Pilar García Negro (profesora da UDC) e  o editor Manuel Bragado. Na promoción da presentación colaboran A Asociación Cultural O Galo e a Mesa Pola Normalización Lingüistica.