Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: asociación_galega_de_editores

O proceso de creación do material educativo, paso a paso. Noticia nos xornais Faro de Vigo e La Opinión

Os xornais Faro de Vigo e La Opinión publicaron unha noticia asinada por Ana Ramil sobre o making of dos libros de texto, na que as editoriais explican como é o proceso de creación do material educativo, coa participación de Xosé Manuel Moo, coordinador da edición educativa de Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación – Común temos a patria.

Finalistas dos Premios da Edición

A Asociación Galega de Editores fixo pública a lista dos libros finalistas dos Premios da Edición 2014. Os galadróns elíxense nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.

Premios Xerais 2011, fotogalerías

Foto de Paz Raña. Na rede comezan a publicarse diversas fotogalerías dos Premios Xerais 2011. A todos os seus autores e autoras, a nosa gratitude. Gracia Santorum. Paz Raña: «A fermosa canción da auga en galego» (usuarios de Fb). Asociación Galega de Editores. Manuel González Vicente.

Premios Xerais 2011 nos blogs

Varios blogueiros e blogueiras comezan a publicar as súas crónicas e comentarios sobre os Premios Xerais 2011. A todos eles a maior gratitude de Xerais. Gracia Santorum, Trafegando Ronseis: «Nos Premios Xerais». Fotos. Xosé Manuel Eyré, Ferradura en tránsito: «Crónica de san Simón, Xerais 2011». Jaureguizar, Cabaret Voltaire: «O Extramunde de Queipo leva o Premio Xerais».

«Todo é silencio», segunda edición

Agotados os 12.000 exemplares da primeira edición, comeza a chegar ás librarías exemplares da segunda edición de Todo é silencio de Manuel Rivas. Até agora, Todo é silencio foi recoñecida cos Premio de Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos de 2010 e á mellor portada de adultos.

Manuel Bragado, entrevista en “El País”

Teresa Cuíñas entrevista a Manuel Bragado no suplemento “Luces” de “El País”. Manuel Bragado, Presidente da Asociación Galega de Editores e Director de Xerais, fala da situación actual do libro galego e da lingua.

Manuel Bragado, novo presidente da Asociación Galega de Editores

A Asemblea da Asociación Galega de Editores elixíu nova directiva baixo a presidencia de Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, e a vicepresidencia de Belén López, directora de Baía edicións. A elección da nova presidencia e do resto dos integrantes da súa directiva contou co apoio dos editores, obtendo o voto unánime dos reunidos en asemblea.

O libro dixital en Galicia

Manuel Bragado presentou onte a súa visión do libro dixital en Galicia na conferencia que ditou no seo do VI Simposio « O libro e a lectura» organizado pola Asociación Galega de Editores. O texto da súa intervención pode baixarse en pdf. Esta foto de Anxo Iglesias presentou a reportaxe que  El País Galicia dedicou á aparición dos primeiros e-books de Xerais, Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras.

«Do orixinal ao libro»

«Do orixinal ao libro»

Juan Blanco Valdés, autor de Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica, publica no seu blog esta anotación ao abeiro da presentación da obra realizada o pasado 23 de abril: As presentacións de libros teñen algo de bautismal.