Publicado o 12 Novembro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
O blog de Barbantia publicou un artigo de Uxía Casal sobre A memoria da choiva, de Pedro Feijoo.
Poesía e sangue. Unha experiencia
Uxía Casal. Á marxe de sensibilidades, coido que o que buscamos nos libros que lemos é que nos sorprendan dun ou doutro xeito.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
Xerardo Agrafoxo publicou no blog de Barbantia unha recensión sobre Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga.
Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga
Un ancián –que trae un andar pousado e axúdase dun caxato– foxe dun xeriátrico cando se atopa cun home. Este trátao cun ton amigábel: E logo non lle prestaría vir comigo? Un sarxento da Benemérita, un día antes de xubilarse, se non estaría mal pórlle unha bomba a todo.
Ler máis →
Publicado o 17 Setembro, 2014 nas categorías Críticas, Narrativa
O blog de Barbantia publicou un texto de Agustín Agra sobre 55 de Xavier Queipo.
Ler máis →
Publicado o 1 Outubro, 2013 nas categorías Crónica, Presentacións
A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de Raquel Iglesias sobre a presentación en Noia de Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo.
.
Noia e Barbantia uníronse para facer maxia coas verbas
Xerardo Agrafoxo presentou o seu último libro ante ducias de persoas
Noia demostrou, unha vez máis, o seu compromiso con Barbantia.
Ler máis →
Publicado o 4 Xuño, 2013 nas categorías Narrativa, Presentacións
A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publica unha información de Raquel Iglesias sobre a presentación de Faneca Brava, de Manuel Portas, na Pobra, da man de Barbantia.
Unha novela a medio camiño entre Arousa e Barcelona
Manuel Portas presentou en A Pobra o seu libro «Faneca brava», no seo da asociación cultural Barbantia
A literatura segue o seu percorrido pola bisbarra da man da asociación cultural Barbantia.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2012 nas categorías Narrativa, Presentacións
A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de Moncho Ares sobre a presentación de Poñente, de Pere Tobaruela, en Rianxo.
Torabuela explota o nexo histórico entre Cataluña e Barbanza
A Asociación Cultural Barbantia adoita empezar o ano con forza. Normalmente fai coincidir a súa asemblea xeral cun encontro potente, e o de antonte non foi unha excepción.
Ler máis →
Publicado o 24 Xaneiro, 2012 nas categorías Narrativa, Presentacións
O venres, 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira, s/nº no Parque de Galicia de Rianxo, terá lugar a presentación da novela Poñente de Pere Tobaruela.
No acto, organizado pola Asociación Barbantia e Xerais, participarán Xesús Laíño, Carlos Mosteiro, Ana Isabel Boullón, Manuel Bragado e Pere Tobaruela.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2011 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
Ánxel Vázquez de la Cruz presentou Luz de Tebra en Ribeira da man de Barbantia. Reproducimos a información de Moncho Ares en La Voz de Galicia:
O suplemento A Voz de Barbantia é como o curso escolar: cada tempada empeza en setembro e remata en xuño.
Ler máis →
Publicado o 31 Maio, 2010 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Narrativa, Presentacións, Xerais_nos_medios
Da man da Asociación Cultural Barbantia, o pasado venres, 28 de maio, Marcos Calveiro presentou as súas dúas novelas máis recentes, Settecento e O pintor do sombreiro de malvas en Serra de Outes. La Voz de Galicia publicou unha crónica do acto no que Calveiro cualificou a literatura galega actual como a mellor do Estado.
Ler máis →
Publicado o 2 Febreiro, 2010 nas categorías Narrativa, Presentacións, Xerais_nos_medios
A edición impresa de La Voz de Galicia do Barbanza publica unha extensa crónica do que foi a presentación en Rianxo da novela de Suso de Toro, Sete palabras. O acto, organizado pola asociación cultural Barbantia reuniu a un cento de persoas e o concello de Rianxo, coincidiu coa celebración do 124 aniversario do nacemento de Castelao.
Ler máis →
Publicado o 26 Xaneiro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.
Ler máis →
Publicado o 13 Outubro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro venres, 16 de outubro, ás 20:30 horas presentarase na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia O recendo das mimosas, o primeiro libro de relatos de Agustín Agra. No acto o autor estará acompañado de Xosé Ricardo Losada e Manuel Bragado. O acto esta coorganizado pola Asociación Cultural Barbantia e Xerais.
Ler máis →