Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: bea_gregores

Un fito na recuperación das voces silenciadas, ocultas, exiliadas e castigadas da historia: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria.

Eva Mejuto: «Arredor de San Simón funcionaba toda unha rede de axuda aos presos da illa». Entrevista no «Diario de Pontevedra» sobre: «A lavandeira de San Simón»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López a Eva Mejuto sobre o libro: A lavandeira de San Simón, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha historia de mulleres solidarias nun tempo de represión e crueldade: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria.

Un capítulo da nosa historia visto dende os ollos dos nenos e das mulleres: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección: Pequena Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Programa de Xerais no Culturgal 2020

Os días 27, 28 e 29 de novembro terá lugar en Pontevedra o Culturgal 2020 no que Xerais ten programadas as seguintes actividades: Sábado 28. Espazo Libro no Teatro Principal de Pontevedra 12:30 horas: A escritora Ledicia Costas conversará coa xornalista Teresa Cuíñas sobre os seus libros máis recentes: Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos, Vampira de biblioteca e A Señorita Bubble. Baixo cero.

Novidade: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Unha de tantas historias de mulleres e crianzas que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir

A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, é unha novidade da colección Pequena Memoria de Xerais. «Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada.