Ironía, tenrura e subverrsión: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Crítica de Berta Dávila
Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.
Publicado o 29 Abril, 2014 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Poesía, Xuvenil
Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.
Publicado o 28 Abril, 2014 nas categorías Noticias, Poesía, Premios
A escritora compostelá Berta Dávila (foto de Paco Rocha) resultou gañadora do Premio da Crítica 2014 polo seu poemario Raíz da fenda, editado por Xerais, que vai xa na 3ª edición. O poemario, un dos libros de poesía máis reeditado nos últimos anos, fora galardoado tamén coa XV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.
Publicado o 28 Abril, 2014 nas categorías Feiras_do_libro, Presentacións, Sinatura
Dende o 26 de abril ao 4 de maio, na Alameda Compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago (Foto: xoán a. soler. La Voz de Galicia), na que Xerais ten programados os seguintes actos: Día 28 luns 19:00 h.: Presentación de Contra a norte das linguas. O caso do galego de Miguel Moreira Barbeito con Teresa Moure e Manuel Bragado. 19:30 h.: Sinatura de Pedro Feijoo 20:00 h.
Publicado o 11 Abril, 2014 nas categorías Autores, Entrevistas, Televisión
O xornalista Tino Santiago entrevistou no programa Zig-Zag da TVG á escritora Berta Dávila.
Publicado o 8 Abril, 2014 nas categorías Entrevistas, Poesía
BiosBardia publicou unha entrevista que lle fixo César Lorenzo a Berta Dávila centrada na súa novela O último libro de Emma Olsen, pero na que tamén fala do seu reiteradamente reeditado poemario Raíz da fenda. A entrevista pode lerse neste enlace.
Publicado o 27 Marzo, 2014 nas categorías Guías_didácticas, Merlín, Poesía
Dinamizar entre os máis novos a lectura do xénero poético é o obxectivo principal da Guía de poesía, un material de apoio para as persoas adultas que traballan no fomento da lectura na infancia promovido pola Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia e pola Secretaría Xeral de Cultura.
Publicado o 24 Marzo, 2014 nas categorías Blogs, Noticias, Premios
Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os Premios da Noite da Edición 2014.
Publicado o 24 Marzo, 2014 nas categorías Monografías, Noticias, Premios
Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e con ilustracións de Manel Cráneo, editado por Edicións Xerais, recibiu o venres á noite en Betanzos o Premio Xosefa Vilarelle ao mellor libro educativo do ano. Así mesmo, Tastarabás.
Publicado o 3 Marzo, 2014 nas categorías Entrevistas, Poesía
Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal a Berta Dávila sobre a súa novela O último libro de Emma Olsen, sobre o seu novo libro infantil e sobre seu reeditado poemario Raíz da fenda (Fotografía: Distrito Xermar).
Publicado o 25 Febreiro, 2014 nas categorías Listas de máis vendidos, Noticias, Poesía, Reedicións
O poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, reedítase por terceira vez en oito meses. O poemario de Berta Dávila, que obtivo unhas críticas excelentes, está a ter unha acollida insólita dentro do ámbito da poesía e Xerais puxo xa en marcha a terceira edición, que estará nas librarías en breve.
Publicado o 31 Xaneiro, 2014 nas categorías Críticas, Poesía
A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Marta Dacosta sobre Raíz da fenda de Berta Dávila. A recensión titúlase «Abismo de sombras» e pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.
Publicado o 13 Xaneiro, 2014 nas categorías Poesía, Presentacións
O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación de Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto, organizado pola Asociación Cultural O Galo, a libraría Pedreira e Xerais, participarán Berta Dávila, Carlos Negro, Manuel Bragado e o autor.