Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: berta_dávila

Presentación do poemario “Raíz da fenda” en Betanzos

O venres, 20 de setembro, ás 20:00 horas, na libraría Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira). No acto participarán Elena Veiga Rilo, Fran Alonso e Berta Dávila. A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

Compromiso coa poesía e coa infancia: «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.

Poesía que enche e fai sentir: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Miguel Sande

Miguel Sande publicou no Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).

A escisión e a perda: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila. Pode escoitarse neste enlace a partir do minuto 46.

As riscaduras na pel: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Dores Tembrás

Dores Tembrás publicou no seu blog o texto da súa presentación do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, na feira do Libro da Coruña.     «Raíz da fenda», de Berta Dávila Cinco fisuras, cento tres poemas que enfían raíces, que constitúen o itinerario da fenda, o eu poético sobrevive e está de volta para escriturar o que foi.

Alquimia emocional: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras publicou recensión crítica no Culturas de La Voz de Galicia sobre Raíz da fenda de Berta Dávila, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.

Precioso poemario: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Anotación en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre Raíz da fenda de Berta Dávila, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.   Raíz da fenda Precioso poemario de Berta Dávila publicado por Xerais: Raíz da fenda, un soporta da quebra que chega ata as entrañas da dor.

Conversa de Dores Tembrás e Berta Dávila arredor de «Raíz da fenda»

Conversa de Dores Tembrás e Berta Dávila arredor de «Raíz da fenda»

Manuel Bragado publica no seu blog a crónica da terceira xornada na feira do Libro da coruña na que se presentou o libro de Berta Dávila Raíz da fenda. Antes de iniciar a conversa, Dores Tembras fixo un discurso contextualizador. Confesou que compartía con Berta «o amor por Valente e Pizarnik». Parabenizou despois a Xerais por incluír Raíz da fenda na súa recomendación de lecturas do vindeiro curso para Secundaria.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

A perda que se anoa co amor e a morte: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).

Presentación en Compostela de “Raíz da fenda” de Berta Dávila

O xoves, 11 de xullo, ás 20:00 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 de Santiago, terá lugar a presentación do poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu). No acto participarán Marilar Aleixandre, Fran P. Lorenzo, Fran Alonso e Berta Dávila. A autora fará un agasallo a cada un dos asistentes.

«As vidas de Nito», en Narrativa; «Raíz da fenda», en Poesía; «Flor de area» en Infantil e Xuvenil, e «Marcopola 2» en Banda Deseñada encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. As vidas de Nito, de Xabier Paz, en Narrativa, Raíz da fenda, de Berta Dávila, en Poesía;  Flor de area, de M.