Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: berta_dávila

Un referente da poesía infantil radicalmente contemporáneo: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Cidades, de Fran Alonso.

Presentación en Santiago de “O anxo de Eva” de Marina Mayoral

O mércores, 26 de xuño, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6 de Santiago, terá lugar a prensentación da novela O anxo de Eva de Marina Mayoral. No acto participarán Xesús Alonso Montero, Manuel Bragado e Marina Mayoral. Os escritores Berta Dávila e Alberto Ramos farán unha lectura do primeiro capítulo da novela.

Berta Dávila: «En ‘Raíz da fenda’ hai unha procura, na súa dimensión íntima, vencellada á estirpe, á pertenza»

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Berta Dávila.   Parlamento das Letras Berta Dávila Berta Dávila vive a literatura supurando nas costuras.

Booktrailer de «Raíz da fenda», de Berta Dávila, Premio Johán Carballeira de Poesía

Reproducimos o booktrailer de Raíz da fenda, de Berta Dávila, Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu.

Berta Dávila, Cesáreo Sánchez, María Reimóndez e Antonio García Teijeiro asinan os vindeiros títulos de poesía de Xerais

Xerais está a traballar na edición dos próximos títulos de poesía, que sairán ao longo desta primavera e que incorpora ao catálogo da editorial a Berta Dávila, co seu poemario Raíz da fenda, que recibiu o Premio Johán Carballeira de Poesía, convocado polo Concello de Bueu; e a Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu poemario Caderno do Nilo.

Xerais publicará «Raíz da fenda», de Berta Dávila, Premio Johán Carballeira de Poesía

Xerais publicará nos vindeiros meses o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, que recibiu o Premio Johán Carballeira de Poesía, convocado polo Concello de Bueu, e colaborará neste certame. O xurado do Premio manifestou que Raíz da fenda é un «poemario limpo de artificio, carente de adobíos innecesarios», no que destacan «a mensaxe, o ton, a boa estruturación e en defintiva a sensibilidade que amosa».

Premios Xerais 2011 nos blogs

Varios blogueiros e blogueiras comezan a publicar as súas crónicas e comentarios sobre os Premios Xerais 2011. A todos eles a maior gratitude de Xerais. Gracia Santorum, Trafegando Ronseis: «Nos Premios Xerais». Fotos. Xosé Manuel Eyré, Ferradura en tránsito: «Crónica de san Simón, Xerais 2011». Jaureguizar, Cabaret Voltaire: «O Extramunde de Queipo leva o Premio Xerais».